Un ano máis, a sede da Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca) acolleu o sorteo da que xa é a súa campaña máis coñecida e asentada: “Este Nadal toca en Melide”.
A extracción dos boletos premiados realizouse na noite de onte polo sistema de man inocente e ante notario. En total, repartíronse 22 premios que suman unha cantidade global de 6.000 euros. O acto contou coa presenza de numeroso público, entre comerciantes e consumidores, que seguiu o proceso con interese.