Hazte Socio de Asetem

Comercios Asociados en Asetem

Que servizos ofrece Asetem?

  • Asesoría xurídica, fiscal e laboral:

Resolve gratuitamente todas as túas dúbidas de man dos profesionais cualificados da Federación Galega de Comercio e da Federación de Autónomos de Galicia, organismos nos que estamos integrados.

  • Información e tramitación de axudas:

Achegamos de forma puntual información sobre todas as subvencións e liñas de axuda ofertadas dende os diferentes organismos. Se o precisas, tramitámosche as solicitudes de xeito gratuíto. Tamén informamos sobre os cambios lexislativos de relevancia.

  • Organismo acreditado:

Asetem é un organismo acreditado para a realización de cursos oficiais de manipulador de alimentos, benestar animal e transporte de animais vivos. Estamos habilitados para intervir como árbitros ante calquera conflito que se dirima no Instituto Galego de Consumo.

  • Un espazo de comunicación:

A asociación de empresarios é a responsable do Xornal Cerne, publicado mensualmente dende 2004 como unha ferramenta de difusión da actividade comercial e de información plural para a veciñanza. Na nosa páxina web tes outra canle de comunicación e tamén un espazo para o teu negocio.

  • Servizo de paquetería:

Convenio con Envialia, empresa de paquetería que nos presta este servizo cunhas condicións moi ventaxosas para os nosos asociados. Con esta acción, Asetem quere facilitar ás súas empresas socias o comercio a través de Internet.

  • Aplicación de fidelización:

Proximamente, Asetem poñerá a disposición dos seus establecementos asociados unha APP de fidelización da clientela para promover campañas, sorteos, xestión de bonos, etcétera. Esta aplicación contará, ademais, cun apartado persoal para cada unha das nosas empresas socias.

  • Convenios con garantías:

Accede a vantaxes na contratación de servizos para o teu negocio grazas aos convenios que asinamos con entidades como R Telefonía, Banco Sabadell, Seguridade A-1, Radio Melide, Verbena FM e EFA Piñeiral.

  • Oferta formativa:

En Asetem organizamos cursos formativos pensando nas necesidades dos nosos asociados: Escaparatismo, técnicas de venda, prevención de riscos laborais, oratoria, habilidades directivas, primeiros auxilios, redes sociais e Internet…

  • Feiras, eventos e campañas:

Poñemos en marcha numerosas iniciativas ao longo do ano co obxectivo de dinamizar o tecido produtivo local e crear vida na comarca. Son campañas como a de “Este Nadal toca en Melide”, “Volta ao Cole”, «Día do pai», «Día da nai», «Día dos namorados», a feria de oportunidades “Mercamelide”, «Días azuis» ou a “Noite Aberta” .

  • Colaboracións con organismos oficiais:

Dende Asetem traballamos man a man coas administracións públicas (Concello de Melide, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña) na posta en marcha e desenvolvemento de iniciativas encamiñadas á promoción e apoio ás empresas locais.

  • Centro Comercial Aberto (CCA):

Asetem pertence á Asociación Galega de Xerentes de CCA, que serve de plataforma para reivindicacións e solicitudes das nosas empresas.

  • Cesión gratuíta do local:

As instalacións de Asetem están a disposición das empresas asociadas sempre que o necesiten.

  • Bolsa de traballo:

Axudámosche a atopar o empregado que necesitas.

Aínda non lle ves as vantaxes? Asóciate!!

Faite socio de Asetem-CCa. Imprime e completa os seguintes documentos pdf e envíaos por correo postal á dirección:

C/ Lino Sexto Sánchez, Nº2 15800 Melide (A Coruña).

Grazas!!