Preto de 15 persoas asistiron ao cusrsiño sobre introducción a contabilidade que a Confederación de Empresarios da Coruña impartiu no local de sede de ASETEM-CCA.
O curso, dirixido á traballaores en activo, ensinou aos alumnos en que consisistía a contabilidade, o concepto de patrimonio ou ou o fondo da manobra. A estrutura do plan xeral contable , os impostos e seguros sociais foron outras das materias que se abarcaron para que os asistentes coñecerán mellor o sistema.
En total 40 horas distribuídas entre os venres e os sábados ao longo de case un mes e que tentan que as persoas en activo poidan desenrolar mellor a súa labor profesional.
A Asociación de Empresarios Terra de Melide celebra tódolos anos numerosos cursos para que a xente insertada no mercado laboral obteñan un nivel máis completo de formación de cara a desenrolar con máis cualificación a súa profesión.
En xaneiro en ASETEM xa se impartiu outro cursiño sobre Salarios, nóminas e seguridade social e para o resto de ano conta na súa programación coa realización de máis cursiños sobre temas relacionados co eido laboral.