melide - Home
9 de septiembre de 2010
Home | Engadir a Favoritos | Mapa do Sitio | Contacto |        

Home Novas Ano 2010 Asetem revitaliza a súa web para aumenta...

Asetem revitaliza a súa web para aumentar a interacción cos asociados

Este mes comeza unha promoción que premiará a comerciantes e empresarios que participen a través deste portal

Prestar cada vez máis servizos ós asociados é un obxectivo permanente da Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca) dende a súa fundación. Pero para facer axeitadamente esta labor, a organización debe coñecer a opinión dos seus integrantes sobre as accións e actividades que desenvolve. Deste xeito, Asetem-Cca inicia unha promoción destinada ós seus socios a través da súa páxina web -www.asetem.com-.
A iniciativa busca consolidar a interacción entre a directiva e o departamento de administración de Asetem-Cca a través do envío de opinións, comentarios ou suxerencias dos comerciantes e empresarios sobre as novas que se colguen no enderezo web. Aquel socio que remita un mínimo de oito participacións ó mes dende o portal será agasallado cun detalle por parte da asociación.
Os comentarios poden remitirse a través do formulario que hai na propia páxina -no menú ‘Contacto’- ou a través da dirección electrónica info@asetem.com. É moi importante que os participantes deixen o seu nome e o da empresa ou comercio ó que pertencen para que se poida facer un correcto reconto.
Asetem-Cca quere reactivar a web como ferramenta de comunicación cos seus asociados, así como incentivalos a que utilicen cada vez máis as Tecnoloxías das Información e Comunicación (TIC) nos seus negocios. A campaña tamén persegue a consolidación do uso da rede para acadar maior éxito o uso da tarxeta de puntos do comercio, FideliMelide, unha iniciativa estreitamente vinculada ó uso de Internet.
 
Constante actualización
Dende comezos do 2010, o portal web de Asetem-Cca está permanentemente actualizado. Dende a páxina todo o público ten acceso a novas sobre a actividade da asociación, así como sobre iniciativas de interese para comerciantes e empresarios que desenvolven dende outros colectivos ou dende as Administracións.
Tamén conta con enlaces cos portais electrónicos da Federación Galega de Comercio, coa páxina dos Centros Comerciais Abertos ou coa Diputación de A Coruña.

 

 

©2006 A.S.E.T.E.M. -:- Asociación de Empresarios Terra de Melide
C/ Lino Sexto Sánchez, Nº2 - 15800 Melide (A Coruña) - info@asetem.com