melide - Home
9 de septiembre de 2010
Home | Engadir a Favoritos | Mapa do Sitio | Contacto |        

Home O pazo de Vilar de Ferreiros. Santiso

O pazo de Vilar de Ferreiros. Santiso

03/03/2010

O dito popular de ‘casa grande, capela, palomar e ciprés, pazo é’ cúmplese á perfección no pazo de Vilar de Ferreiros. Ubicado no lugar do mesmo nome, en Ribadulla, Santiso, a edificación remóntanos a unha construción orixinal datada no século XV. A torre que se eleva nun lateral dá conta do seu carácter defensivo.
Dende esa data ata os anos 50 estivo vencellado ás familias Soutomaior e Pimentel. Dos señores de Vilar de Ferreiros destacou Don Luis de Sotomaior Pimentel, que emigrou a Perú, onde chegou a ser Visitador de Minerales e Ingenios, segundo conta a súa biografía. Este cargo parece ser a orixe da lenda que di que no aleiro do pazo hai escondida unha barra de ouro, aínda que nunca trascendeu ningunha noticia do seu achádego.
Na actualidade, o pazo é propiedade dunha empresa hosteleira que o ofrece para a celebración de vodas e outros eventos.

 

 

©2006 A.S.E.T.E.M. -:- Asociación de Empresarios Terra de Melide
C/ Lino Sexto Sánchez, Nº2 - 15800 Melide (A Coruña) - info@asetem.com