melide - Home
9 de septiembre de 2010
Home | Engadir a Favoritos | Mapa do Sitio | Contacto |        

Home Novas Ano 2007 ASETEM-CCA ENTREGA OS PREMIOS DA SÚA CAM...

ASETEM-CCA ENTREGA OS PREMIOS DA SÚA CAMPAÑA DE NADAL

Preto de 70 persoas, entre comerciantes e premiados participaron no acto organizado por ASETEM-CCA

Unha cea celebrada no Hotel Carlos ´96 de Melide serviu de marco para a entrega dos premios da campaña de Nadal O teu centro comercial está en Melide 2007, organizada por terceiro ano consecutivo pola Asociación de Empresarios Terra de Melide-Centro Comercial Aberto e a que se convidaron a tódolos premiados.

Preto de 70 persoas, entre comerciantes, hostaleiros, premiados e representantes de ASETEM-CCA participaron na cea, que incluíu o acto de entrega dos premios da mán dos propietarios dos establecementos adheridos á iniciativa aos gañadores. A campaña, que se desenrolou ao longo do mes de decembro, contou con preto de medio cento de comerciantes melidenses participantes, e repartiu 8.700 euros distribuídos en 23 premios. Ademáis este ano a campaña caracterizouse por ampliar o número de  cheques para que chegara á máis xente a fortuna e  outorgar premios de maior coantía monetaria como o primeiro, de 3.000 euros, ou o segundo de 1.500, entre outros.

Os premiados disporán de 15 días para gastar nos comercios participantes na campaña a cantidade que recibiron. Deste xeito, o comercio melidense premia a fidelidade dos clientes que apostan polo comercio tradicional, á vez que reverten nos propios establecementos os premios.

 

Agradecementos

Este  acto da entrega oficial  de premios foi inugurado por José Antonio Rodrígez, presidente de ASETEM-CCA, agradecendo a participación do sector comercial na campaña e dando a enhoraboa aos premiados. Tampouco se esqueceu de  dar as grazas á colaboración que o Concello tivo coa asociación para levara a bó porto está inciativa.

O presidente da Asociación de Empresarios Terra de Melide congratulouse de que a participación dos comerciais fora cada vez maior e con máis calidade. Neste senso amosou a súa satisfacción do éxito da campaña en prol do comercio da localidade, creo que foi un éxito rotundo , así que estamos moi sastifetitos coa campaña que dende anos ven animando á xente da comarca a facer as súas compras de nadal en Melide.

 

 

©2006 A.S.E.T.E.M. -:- Asociación de Empresarios Terra de Melide
C/ Lino Sexto Sánchez, Nº2 - 15800 Melide (A Coruña) - info@asetem.com