NOTICIAS | ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide

Cartel subvención destinada á contratación de persoas mozas
Subvención destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027; ao abeiro da cal se leva a cabo a contratación dunha persoa desempregada inscrita no SNGX, para o apoio nas accións de dinamización levadas a cabo por esta Asociación na comarca de Melide.

O comercio local de Melide prepárase para un outubro cheo de campañas de dinamización comercial promovidas por Asetem
A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide pon en marcha dúas iniciativas para dinamizar o comercio de proximidade da localidade durante o mes de outubro: a campaña Vive o Samaín no comercio local e Aberto os domingos. Ambas buscan incentivar as compras e reforzar a visibilidade dos establecementos asociados.

A iniciativa de “Aberto os domingos” busca reforzar as vendas nos establecementos que abren en domingo e celebrarase os días 18 e 25 de outubro.

Nesta campaña poderán participar todas as persoas que compren, por valor de 30 euros nun só tícket ou en varios, nos comercios e locais de hostalería asociados durante os domingos sinalados. Entre as compras realizadas que se suban á App de Asetem sortearanse 20 vales de 10 euros para gastar nos establecementos adheridos.

O sorteo desta iniciativa realizarase o martes 27 de outubro e o nome das persoas gañadoras publicarase nas redes sociais e na páxina web da entidade empresarial.

Os días 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro celebrarase a campaña “O Samaín no comercio local” que combinará reparto de caramelos, participación nas redes sociais e sorteos de vales de compra.

Todas as nenas e nenos que acudan disfrazados, na tarde do venres 31, aos comercios adheridos á campaña, os cales se identificarán pola decoración con globos negros, recibirán doces e lambetadas.

Ademais, as persoas socias das ANPAs colaboradoras que suban unha foto cos seus disfraces ás redes (Facebook ou Instagram) e etiqueten a ASETEM poderán gañar un vale de compra de 100 euros.

Por outra parte, as persoas que merquen nos establecementos asociados os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro poderán subir os seus tíckets á App de Asetem entrarán no sorteo de 4 vales de 50 euros. O sorteo de todos os vales de compra realizarase o 4 de novembro e publicaranse os nomes das persoas gañadoras na páxina web e redes sociais da Asociación empresarial.

Dende a directiva da Asociación fan fincapé en que “con estas dúas campañas, AsetemCCA reforza a actividade comercial nun período clave e de actividade máis baixa, combinando a participación da clientela, dos nenos e nenas, e os incentivos directos ao consumo”.

A Deputación da Coruña activa unha nova edición da campaña de MercaNaVila para reforzar o comercio de proximidade
A Deputación da Coruña anunciou o lanzamento dunha nova edición de MercaNaVila, o programa de bonos desconto destinado a apoiar o comercio de proximidade. A campaña, dotada con 5 millóns de euros, permitirá que calquera persoa maior de idade dispoña de ata 100 euros en bonos para gastar exclusivamente nos negocios adheridos entre o 20 de outubro e o 20 de novembro de 2026.

Segundo explica a institución provincial, o programa céntrase nos concellos pequenos porque “o apoio aos concellos de menos de 20.000 habitantes é a razón de ser da Deputación e a súa esencia” . A iniciativa pretende contribuír á fixación de poboación, á dinamización económica e á mellora das oportunidades no rural.

A Deputación e a Federación Galega de Comercio animan aos establecementos a inscribirse ou reactivarse na campaña entre o 6 e o 20 de outubro a través da web oficial mercanavila.gal. O programa está dirixido a tendas, negocios e pequenos establecementos que, como lembra a Administración provincial, “se enfrontan a desafíos específicos e contan con menos recursos que os das cidades”.

Os comercios participantes recibirán un cartel autoadhesivo co distintivo oficial e un código QR, que deben colocar nun lugar visible para facilitar o acceso da clientela aos bonos.

A campaña busca fomentar un consumo circular, sostible e local, incentivando que os veciños merquen nos establecementos das súas vilas. A Deputación destaca que esta colaboración entre administración e sector comercial é clave para o éxito da iniciativa: “a suma de esforzos e o traballo conxunto é o que garante o éxito desta campaña”.

Para facilitar o proceso, tanto a Deputación como a Federación Galega de Comercio habilitan liñas directas de soporte: a Federación Galega de Comercio a través do teléfono 900 103 087 ou no correo electrónico info@comerciogalicia.es, e a Deputación da Coruña no 981 415 509 ou na dirección de correo pel@dacoruna.gal.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, subliñan na comunicación oficial que envían aos establecementos que a institución provincial “traballa máis ca nunca para estar ao carón” dos pequenos negocios, recoñecendo o seu papel esencial na vida económica e social das vilas galegas.

Premios Artesanía Galicia 2025
Modalidades e características dos premios:

Os premios de Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

1. Premio Artesanía de Galicia 2026.

Premiarase a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual como son o deseño, a adaptación ou a conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da nosa artesanía, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación, a boa presentación e a calidade da obra tanto nos seus materiais como no desenvolvemento desta.

2. Premio Traxectoria 2026.

Premio honorífico en recoñecemento á traxectoria profesional consolidada dunha persoa artesá galega. O premio será concedido tendo en conta as propostas dos obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, as asociacións profesionais de artesáns e artesás de Galicia, entidades locais e outras entidades públicas ou privadas encargados de facer a presentación das candidaturas. Valorarase a traxectoria recoñecida da persoa candidata, a súa contribución, posta en valor e promoción da artesanía galega, a calidade dos seus traballos realizados e o compromiso coa divulgación e transmisión pedagóxica dos principais valores positivos no eido da nosa artesanía.

3. Premio Bolsas Eloy Gesto 2026.

Esta modalidade ten a finalidade de potenciar a remuda xeracional na artesanía, o acceso de novos talentos ao sector e a súa profesionalización. Premiaranse ata tres candidaturas que presenten unha proposta para a súa formación nun centro formativo ou nun obradoiro artesanal de referencia no eido da artesanía e do deseño. Valorarase o carácter innovador do proxecto, a transferencia de coñecemento que se pretende acadar con esa formación, a incorporación das novas tecnoloxías, o currículo da persoa candidata e a potencialidade de incorporación desta formación para a elaboración dun produto artesanal innovador. Tamén se terá en conta o grao de madurez, calidade na presentación da proposta, así como a colaboración entre distintas actividades artesanais.

Participantes:

1. Premio Artesanía de Galicia 2026.

Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cuxo titular sexa unha persoa artesá de acordo coa Lei 8/2023, do 14 de decembro, de artesanía de Galicia.

2. Premio Traxectoria 2026.

Artesáns/ás en activo ou retirados/as que están ou estiveron inscritos como tales no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de 20 anos. Os encargados de facer a presentación das candidaturas desta categoría serán os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, as asociacións profesionais de artesáns e artesás de Galicia, entidades locais ou outras entidades públicas ou privadas. Estas propostas serán sempre realizadas por terceiros, é dicir, ningún obradoiro poderá realizar a proposta do titular ou dunha persoa traballadora do propio obradoiro.

3. Premio Bolsas Eloy Gesto 2026.

Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cuxo titular sexa unha persoa artesá que acadara unha idade máxima de 45 anos en 2026.

Financiamento e dotación dos premios

A dotación económica global dos premios de Artesanía de Galicia é de 21.000 euros, financiarase con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia e estarán

suxeitos ao tratamento fiscal en vigor no momento da concesión.A dotación de cada modalidade é a seguinte:

1. Premio Artesanía de Galicia 2026.

Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo.

A persoa gañadora cederalle á Fundación Pública Artesanía de Galicia a propiedadeda obra premiada. No caso de que as características físicas ou de propiedade do produto gañador impidan a súa cesión substituirase por documentación gráfica ou visual deste.

2. Premio Traxectoria 2026.

Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

3. Premio Bolsas Eloy Gesto 2026.

Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo para cada unha das persoasgañadoras. As persoas gañadoras deste premio deberán entregarlle á Fundación Pública Artesanía de Galicia unha memoria descritiva e xustificativa dos gastos realizados unha vez completada a formación pola cal lles foi concedida a bolsa.

Participantes Concurso de debuxo Volta ao Cole

Números premiados Mercamelide na Rúa

Bases Concurso Volta ao Cole
CONCURSO “VOLTA AO COLE”

BASES DO CONCURSO: “VOLTA AO COLE”

Entidade organizadora: ASETEM – CCA

Participantes: participan todos as nenas e nenos que envíen un debuxo relacionado co comercio local de Melide e a volta ao cole durante o período do 10 ao 23 de agosto polas canles indicadas no seguinte apartado. As idades dos rapaces e rapazas deben ir dos 3 aos 16 anos.

Duración e dinámica da actividade: esta iniciativa desenvolverase entre os días 10 e 23 de agosto nos que as nenas e nenos interesados deben enviar un debuxo relacionado cos establecementos de proximidade e o regreso aos centros educativos. A liberdade creativa é total e absoluta, se houbese algún texto debe estar en galego. Os debuxos deben vir acompañados de nome e apelidos do autor ou autora e do número de teléfono da titora ou titor do menor. Os debuxos deben enviarse ao correo da Asociación: info@asetem.com, ao whatsapp do número 698 13 23 24 ou entregalo de xeito presencial nas oficinas de Asetem (en horario de mañá, de 9:00 a 14:00h ou metelo na caixa de correo da porta). Este concurso terá 3 modalidades repartidas por idade: unha de 3 a 6 anos, outra de 7 a 11 e, a última, de 12 a 16 anos. En cada categoría escolleranse o mellor cartel. O xurado estará formado por unha persoa da Asociación e dúas responsables dalgún comercio local. As persoas premiadas recibirán un lote de produtos para a volta ao cole.

Período de participación: entre o 10 e o 23 de agosto de 2026.

Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.

Bases Mercamelide na Rúa 2026
CAMPAÑA “Mercamelide na Rúa 2026”

BASES DA CAMPAÑA: “Mercamelide na Rúa 2026”

Entidade organizadora: Asetem, en colaboración do Concello de Melide.

Participantes: Todas as persoas maiores de idade que compren no comercio local de Melide, participante nesta edición do Mercamelide na Rúa, os días 7, 8 e 9 de agosto.

Duración e dinámica da actividade: Entre todas as compras realizadas os días 7, 8 e 9 de agosto sortearanse 1.500 euros, repartidos en 5 vales de 100 euros e 20 vales de 50. O sorteo realizarase o martes 11 de agosto ás 11:00 horas nas oficinas de Asetem (Rúa Lino Sexto, Melide). Os boletos premiados poderanse entregar ata 21 de agosto ás 14:00 horas para entregalos na sede de Asetem.

Premios: Sortearanse 1.500 euros, repartidos en 5 vales de 100 euros e 20 vales de 50.

Sorteo: Realizarase o martes 11 de agosto ás 11:00 horas nas oficinas de Asetem, logo de recoller as papeletas nos establecementos participantes.

Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.

Mercamelide na Rúa 2026
A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide, en colaboración co Concello do municipio, celebrará o venres 7, sábado 8 e domingo 9 de agosto o ‘Mercamelide na rúa’ en preto dunha vintena de comercios locais da vila con grandes descontos nunha ampla variedade de artigos e 1.500 euros en premios.

Nesta nova edición do ‘Mercamelide na Rúa’ participan 19 comercios de proximidade de diversos sectores que son: Stardemoda, Froitas Jose da Andaluza, Electrosan, Sueños, Flor de Toxo, Tu Boutik, Romero Zapaterías, Sarela, Siken, Floristería Maru, Sisuka, Cousas Novas, Toysmaniatic Melide, Viñoteca Ribeirao, Moda VY Melide, Calzados Broz, Magnin, Leiva Motosport e Lola Lolita Lola.

Durante os tres días que dura a campaña de oportunidades, o venres 7 pola tarde, sábado 8 todo o día e domingo 9 pola mañá, os comercios participantes terán nos seus locais descontos e rebaixas especiais en artigos e produtos en stock. O horario das tendas no ‘Mercamelide na rúa’ será o habitual de cada unha, tanto de mañá como de tarde. A maiores, estes establecementos contarán cuns carteis identificativos para poder atopar os participantes con facilidade.

Ademais, entre a xente que merque durante o ‘Mercamelide na Rúa’ haberá un sorteo, o 11 de agosto, de 1.500 euros en premios para gastar nos establecementos participantes. A isto, hai que engadirlle que os comercios asociados a Asetem terán uns rascas polo que cada compra poder ter un premios a maiores: un agasallo promocional de verán.

Dende o equipo directivo de ASETEM – CCA fan fincapé nos obxectivos principais que ten o ‘Mercamelide na rúa’ , o gran motivo da celebración desta iniciativa é axudar e impulsar a venda daqueles produtos en stock que os establecementos de proximidade non conseguiron vender en tempada.

Un ano máis, o ‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os mesmos días que a Feira Medieval polo que “a veciñanza e visitantes non terán escusa para non vivir esta fin de semana en Melide”, destacan dende a directiva.

PROGRAMA EMEGA
BENEFICIARIAS E REQUISITOS XERAIS:

Empresas privadas, constituídas por mulleres, que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan de reactivación e/ou mellora entre o 14/08/2025 e o 03/08/2026, microempresas ou pequenas empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, cando a administración da empresa sexa exercida por mulleres e o capital social estea maioritariamente subscrito por mulleres (no caso de pequenas empresas) e integramente subscrito por mulleres (no caso de microempresas).

As promotoras deben estar de alta na Seguridade Social, vinculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo a súa actividade de forma habitual nela.

Non se terán en conta as autónomas colaboradoras.

No caso de creación de postos de traballo indefinidos a tempo parcial, só se terán en conta cando a xornada de traballo non sexa inferior ao 50% de xornada; ou cando o período de actividade dos fixos-descontinuos non sexa inferior a 9 meses anuais.

Non poderán ser beneficiarias aquelas que percibisen axudas EMEGA nas convocatorias dos anos 2021 a 2025, ambos incluídos, nin se poden percibir axudas do programa EMEGA durante máis de dúas convocatorias.

Liñas de axuda:

EMEGA EMERXE

Dirixido a empresas de nova creación, que inicien a súa actividade entre o 14/08/2025 e o 03/08/2026.

Entre outros requisitos, ten que supoñer a creación dos postos de traballo de todas as promotoras; desempregadas durante un período mínimo de 1 mes inmediatamente anterior á data de inicio da actividade. No caso de empresas constituídas por máis de unha promotora, a condición de desempregada deberá cumprirse polo 50% das promotoras, como mínimo.

CONTÍA: Entre 10.000 e 22.000 €, segundo o número de postos de traballo para mulleres que se creen.

EMEGA IMPULSA

Dirixido a empresas que acrediten a realización efectiva da actividade empresarial por un período mínimo de 3 anos anteriores ao mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes; e que presenten un proxecto de reactivación para o mantemento do emprego e para asegurar o equilibrio empresarial ou un proxecto de mellora. Deberán manter ou incrementar o número de postos de traballo por conta propia ou allea preexistentes na empresa.

Os proxectos de reactivación e consolidación ou de mellora deberán consistir nalgunha das seguintes medidas:

.- Cambio de localización da actividade.

.- Acondicionamento ou renovación das instalacións.

.- Renovación do equipamento informático e/ou aplicacións informáticas.

.- Compra de maquinaria ou ferramentas.

.- Implantación de novas tecnoloxías para a comercialización dos produtos ou servizos.

A alta na seguridade social das traballadoras que ocupen os novos postos creados como consecuencia deste proxecto, deberán formalizarse entre o 14/08/2025 e o 03/08/2026.

CONTÍA: Entre 8.000 e 17.000 euros, segundo o número de postos de traballo para mulleres que se manteñan ou se creen.

EMEGA INNOVA

Dirixido a empresas de nova creación que respondan a un proxecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía; que inicien a actividade entre o 14/08/2025 e o 03/08/2026.

A actividade a desenvolver debe ter un claro carácter innovador, con alto contido científico ou tecnolóxico, ter como obxectivo principal a aplicación de desenvolvementos tecnolóxicos no ámbito produtivo, de novo coñecemento, de novo coñecemento aplicado, de resultados do avance científico e de I+D+i, ou nos cales a presenza de elementos intanxibles xeradores de valor sexa especialmente importante.

A promotora ou unha delas, como mínimo, deberá ter titulación universitaria en calquera das áreas de coñecemento en que se basea a iniciativa empresarial.

CONTÍA: Entre 18.000 e 42.000 euros, segundo os postos de traballo para mulleres que se creen.

EMEGA CONCILIA

Axuda complementaria de calquera das tres liñas anteriores, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.

MODALIDADES:

.- Concilia-Promotora. Incentivo de 3.000 euros por empresa, cando algunha promotora teña fillos menores de 3 anos (na data de finalización do prazo de xustificación).

.- Concilia-Persoas Traballadoras. Incentivo de ata 5.000 euros por empresa, segundo o tipo de pacto de conciliación ou acordos individuais de teletraballo e o número de traballadores afectados.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 3 de agosto.