comerciolocal | ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide

PROGRAMA EMEGA
BENEFICIARIAS E REQUISITOS XERAIS:

Empresas privadas, constituídas por mulleres, que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan de reactivación e/ou mellora entre o 14/08/2025 e o 03/08/2026, microempresas ou pequenas empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, cando a administración da empresa sexa exercida por mulleres e o capital social estea maioritariamente subscrito por mulleres (no caso de pequenas empresas) e integramente subscrito por mulleres (no caso de microempresas).

As promotoras deben estar de alta na Seguridade Social, vinculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo a súa actividade de forma habitual nela.

Non se terán en conta as autónomas colaboradoras.

No caso de creación de postos de traballo indefinidos a tempo parcial, só se terán en conta cando a xornada de traballo non sexa inferior ao 50% de xornada; ou cando o período de actividade dos fixos-descontinuos non sexa inferior a 9 meses anuais.

Non poderán ser beneficiarias aquelas que percibisen axudas EMEGA nas convocatorias dos anos 2021 a 2025, ambos incluídos, nin se poden percibir axudas do programa EMEGA durante máis de dúas convocatorias.

Liñas de axuda:

EMEGA EMERXE

Dirixido a empresas de nova creación, que inicien a súa actividade entre o 14/08/2025 e o 03/08/2026.

Entre outros requisitos, ten que supoñer a creación dos postos de traballo de todas as promotoras; desempregadas durante un período mínimo de 1 mes inmediatamente anterior á data de inicio da actividade. No caso de empresas constituídas por máis de unha promotora, a condición de desempregada deberá cumprirse polo 50% das promotoras, como mínimo.

CONTÍA: Entre 10.000 e 22.000 €, segundo o número de postos de traballo para mulleres que se creen.

EMEGA IMPULSA

Dirixido a empresas que acrediten a realización efectiva da actividade empresarial por un período mínimo de 3 anos anteriores ao mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes; e que presenten un proxecto de reactivación para o mantemento do emprego e para asegurar o equilibrio empresarial ou un proxecto de mellora. Deberán manter ou incrementar o número de postos de traballo por conta propia ou allea preexistentes na empresa.

Os proxectos de reactivación e consolidación ou de mellora deberán consistir nalgunha das seguintes medidas:

.- Cambio de localización da actividade.

.- Acondicionamento ou renovación das instalacións.

.- Renovación do equipamento informático e/ou aplicacións informáticas.

.- Compra de maquinaria ou ferramentas.

.- Implantación de novas tecnoloxías para a comercialización dos produtos ou servizos.

A alta na seguridade social das traballadoras que ocupen os novos postos creados como consecuencia deste proxecto, deberán formalizarse entre o 14/08/2025 e o 03/08/2026.

CONTÍA: Entre 8.000 e 17.000 euros, segundo o número de postos de traballo para mulleres que se manteñan ou se creen.

EMEGA INNOVA

Dirixido a empresas de nova creación que respondan a un proxecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía; que inicien a actividade entre o 14/08/2025 e o 03/08/2026.

A actividade a desenvolver debe ter un claro carácter innovador, con alto contido científico ou tecnolóxico, ter como obxectivo principal a aplicación de desenvolvementos tecnolóxicos no ámbito produtivo, de novo coñecemento, de novo coñecemento aplicado, de resultados do avance científico e de I+D+i, ou nos cales a presenza de elementos intanxibles xeradores de valor sexa especialmente importante.

A promotora ou unha delas, como mínimo, deberá ter titulación universitaria en calquera das áreas de coñecemento en que se basea a iniciativa empresarial.

CONTÍA: Entre 18.000 e 42.000 euros, segundo os postos de traballo para mulleres que se creen.

EMEGA CONCILIA

Axuda complementaria de calquera das tres liñas anteriores, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.

MODALIDADES:

.- Concilia-Promotora. Incentivo de 3.000 euros por empresa, cando algunha promotora teña fillos menores de 3 anos (na data de finalización do prazo de xustificación).

.- Concilia-Persoas Traballadoras. Incentivo de ata 5.000 euros por empresa, segundo o tipo de pacto de conciliación ou acordos individuais de teletraballo e o número de traballadores afectados.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 3 de agosto.

Cerne 245 – Xullo 2026
CERNE 245 – XULLO 2026

Bases Día do Comercio
CAMPAÑA “Día do Comercio”

BASES DA CAMPAÑA: “Día do Comercio”

Entidade organizadora: Asetem

Participantes: Todas as persoas maiores de idade que compren no día 12 de xuño no comercio local asociado de Melide.

Duración e dinámica da actividade: Primeiro de todo as tendas participantes contarán con distintos descontos nos produtos e servizos que ofrecen durante ese día. A dinámica será que con tíckets superiores a 50 euros (como máximo faranse tiradas por tíckets de valor de 150€, é dicir 3 tiradas por vale) contarase con premio seguro nunha tirada á ruleta que estará composta por distintos premios, esta realizarase á noite (arredor das 21:45h) e ata fin de existencias.

A isto hai que engadirlle a actividade complementaria de Escape Room na que as persoas que descubran o patrimonio que está presente en todos os colaxes dos comercios entrarán nun sorteo dun lote de produtos Asetem e uns doces. As papeletas coa resposta deben depositarse na Cafetería – Pastelería Estilo antes das 21:30h deste venres, 12 de xuño.

Premios: Os premios da ruleta serán artigos promocionais de Asetem e artigos outorgados polas tendas participantes, ata fin de existencias.

Sorteo: Realizaranse as tiradas a ruleta o propio día 12 de xuño (arredor das 21:45h), dependendo do gajo no que a persoa participante caia deberá coller unha papeleta dunha urna para coñecer o premio exacto. Todos os premios teñen unidades limitadas.

Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.

Cerne 244 – Xuño 2026
CERNE 244 – XUÑO 2026

Asetem celebra o Día do Comercio este venres con premios, descontos e dinamización nas rúas da localidade melidá
O comercio local vivirá este venres, 12 de xuño, unha das súas citas máis destacadas coa celebración do Día do Comercio, unha campaña promovida pola asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide co obxectivo de dinamizar as compras e apoiar o tecido comercial da vila.

A xornada estará centrada en incentivar o consumo de proximidade mediante descontos nos produtos e servizos das tendas participantes, convertendo o día nunha oportunidade para que a clientela poida realizar compras en condicións vantaxosas e descubrir a oferta do comercio local.

Ademais das rebaixas, a campaña inclúe diferentes propostas para premiar as compras durante o día. Aquelas que superen os 50 euros en compras poderán participar nunha acción promocional nocturna cunha ruleta de premios, que se celebrará arredor das 21:45 horas no Cantón de San Roque, ata esgotar existencias. Os premios inclúen tanto artigos promocionais como produtos achegados polos propios establecementos participantes.

A iniciativa está aberta a todas as persoas maiores de idade que realicen compras ese día no comercio local de Melide, e desde a organización destacan a importancia de implicar á veciñanza para consolidar unha xornada que busca poñer en valor o papel do comercio de proximidade na vida económica e social da vila.

Como actividades complementarias temos: obradoiro infantil para todos os nenos e nenas no Cantón de San Roque, a partir das 17:30 horas, e tamén unha merenda doce para os que se acheguen ata alí. Para dinamizar as rúas da localidade o grupo de música tradicional “Os da Taberna” tocará diversas pezas polas rúas para animar á veciñanza a saír comprar nas tendas locais.

A maiores, Asetem incorporará este ano unha proposta innovadora dirixida a dinamizar a participación da veciñanza: a posibilidade de que a clientela participe nunha experiencia tipo escape room distribuído polos escaparates dos establecementos.

Esta iniciativa forma parte dunha acción formativa promovida por ASETEM, que busca transformar os escaparates nunha experiencia interactiva. Baixo o lema de que “Melide conta historias”, cada comercio converterá a súa vitrina nunha pequena escena conectada cun relato común, creando un percorrido que permitirá ao público reconstruír unha historia colectiva mentres recorre as tendas.

A dinámica, inspirada nos xogos de escape, consistirá en buscar pistas distribuídas nos escaparates, de maneira que cada escena achegue unha parte da solución final. As persoas participantes deberán interpretar os contidos e completar o percorrido para dar co significado global da proposta, favorecendo así unha experiencia lúdica e participativa arredor do comercio local.

Establecementos Bono Activa Comercio
Establecementos asociados nos que podes canxear os Bonos Activa Comercio:

Sueños Melide

Magnin

Óptica Melide

Alain Afflelou

Sport Moda

Stardemoda

Meixela Centro de Estética

Leiva Motosport

Calzados Broz

Toysmaniatic

Electrosan

Xoiería Roval

Pro Diva

Grupo Noguerol

Siken Moda

Romero Zapaterías

Mercería Isabel

Librería Victoria

Óptica Tábora

Moda Vy Melide

Mobles Ares

Xoiería Oro Ley

Cerne 243 – Maio 2026
CERNE 243 – MAIO 2026

BASES DA CAMPAÑA: “O TRADICIONAL É MERCAR AQUÍ”
Entidade organizadora: ASETEM – CCA

Participantes: poden participar todas persoas maiores de 18 anos que merquen, entre o 20 de abril e o 3 de maio, nos comercios  e establecementos asociados.

Duración e dinámica da actividade: do 20 de abril ao 3 de maio as persoas que compren, cun importe mínimo de 15 euros (pode ser coa suma de varios tíckets), nas tendas asociadas poderán subir o seu tícket á App de Asetem para entrar no sorteo “dunha semana de compras”, valorada en 200 euros. Nesta semana de compras a persoa afortunada terá un vale de 200 euros divido en 4 de 50 para gastar en diferentes sectores (moda e complementos; alimentación, bebidas e hostalería; servizos; e outros sectores).

Ademais, para premiar a fidelidade da clientela dos comercios de proximidade e facer esta iniciativa máis visible, durante a mañá do 3 de maio os establecementos asociados repartiran unha pequena planta de agasallo. Para complementar esta liña de acción durante o sábado 2 de maio haberá un photocall na Praza do Convento para que as persoas poidan sacar alí fotos co lema da campaña, entre as fotos que se suban ás redes sociais neste photocall sortearase un vale de compra de 30 euros, para gastar nos establecementos asociados. Ademais, todas as imaxes que se suban terán premio directo. Nas fotos que se suban ás redes sociais (Instagram, Facebook ou X) deben etiquetar e seguir a Asetem e usar o #otradicionalémercaraquí.

4. Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas os tíckets, de 15 euros ou máis, que se suban á App de Asetem entre o 20 de abril e o 3 de maio de 2026.

5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.

Cerne 240 – Febreiro 2026
CERNE 240 – FEBREIRO 2026

Asetem lanza a campaña “O amor está no comercio local” para promover as compras do 1 ao 12 de febreiro
A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide lanza a campaña de dinamización comercial “O amor está no comercio local” para promover as compras do 1 ao 12 de febreiro.

Durante estes días as persoas que merquen nos establecementos de proximidade asociados poderán entrar nun sorteo de tres almorzos (valorados en 20 euros) e dúas comidas ou ceas (valoradas en 100 euros). O funcionamento da campaña será o seguinte: as usuarias e usuarios que compren no comercio local, entre o 1 e o 12 de febreiro, e teñan un tícket igual ou superior a 10 euros poderán subilo á App de Asetem e entrar no sorteo dos almorzos e comidas. Os vales de almorzo serán para gastar en: Pastelería-Cafetería Estilo, Panadería Toques e Panadería Manso. O sorteo realizarase o venres 13 de febreiro e comunicaranse as persoas gañadoras nas redes sociais da Asociación (Instagram, Facebook e X).

Este mes de febreiro atopa o amor no comercio local e apoia ás tendas da vila.