subvencións | ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide

SUBVENCIÓNS PARA APOIAR INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO
Xa están activas as subvencións para apoiar as iniciativas de emprendemento.

Estas van dirixadas a todas aquelas persoas que sexan autónomas, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, que iniciasen a súa actividade económica dende o 01/01/2023; e que realizasen investimentos (facturados e pagados) dende o 01/07/2024 ata a data de presentación de solicitude,

Para recibir esta subvención algúns dos conceptos de gastos son os seguintes:

Equipamento informático (excepto telefonos móbiles ou smartphones).

Activos intanxibles como poden ser creacións de webs.

Investimentos en eficiencia enerxética.

Adquisición de bens de equipamento e mobiliario

E máis gastos a maiores.

A contía de axuda variará dependendo do investimento:

Entre 5.000 € e ata 20.000 €, será do 55%.

Entre 20.001 € e ata 30.000 €, será do 50%.

Entre 30.001 € e ata 60.000 €,  será do 45%.

O prazo de solicitude será ata o 30/06/2025, salvo esgotamento previo de crédito.

Subvencións para 2022
BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS, CONVOCATORIA PARA O ANO 2022. (DOG. Nº 250, DO 30/12/2021)

Beneficiarios:

.- Autónomos con antigüidade ininterrompida na actividade de máis de 42 meses, con facturación mínima de 12.000 € (IVE incluído) no 2020 e rendemento neto reducido da actividade no IRPF de 2020 inferior a 30.000 €.

.- Sociedades de calquera clase e comunidades de bens, con unha persoa autónoma societaria con unha antigüidade na realización da actividade de máis de 42 meses; que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 € (IVE incluído) no 2020; e rendemento inferior a 30.000 € (na base impoñible do imposto de sociedades, ou ben, na suma do rendemento neto reducido da actividade no IRPF de todos os seus membros).

Quedan excluídos, entre outros, as persoas que cobrasen o bono das persoas autónomas en convocatorias anteriores.

Liñas de actuación subvencionables:

Serán subvencionables os gastos realizados entre o 01/01/2022 e o prazo máximo de xustificación establecido na resolución de concesión, e como máximo ata o 05/12/2022.

LIÑA 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: plan estratéxico do negocio, reorientación do negocio, plan de refinanzamento, plan de marketing, plan de eficiencia enerxética, plan de biodiversidade, plan de comunicación do negocio, e plan de transformación dixital.

LIÑA 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: maquinaria, compra ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética, investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais escasos, útiles e ferramentas, reforma do local do negocio, equipamentos informáticos, equipamento de oficina ou negocio, rótulos, aplicacións informáticas, páxinas web, app, redes sociais, e deseño de marca.

Poderase solicitar unha subvención que inclúa ambas liñas, co límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

Contía: 80% do investimento, co límite máximo de 3.000 euros de subvención.

Obrigas, entre outras: manterse de alta como autónomo 2 anos dende a solicitude da subvención.

PRAZO DE SOLICITUDE: DENDE O 14/01/2022 E O ATA O 14/02/2022.

AXUDA PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO, CONVOCATORIA 2022. (DOG. Nº 250, DO 30/12/2021)

Beneficiarios: persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, que causen alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), como persoa física ou como membro de sociedade civil ou comunidade de bens, e iniciasen a actividade entre o 01/10/2021 e o 30/09/2022.

Contía:

.- Para desempregados en xeral, 2.000 euros.

.- 4.000 euros, no caso de menores de 30 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade ou persoas en situación ou risco de exclusión social.

Estas contías base incrementaranse nun 25% cando a persoa incorporada é muller, ou maior de 45 anos, ou emigrante retornada, ou persoa trans, ou inicia a actividade en municipio rural, ou en profesións e oficios nos cales a muller estea subrepresentada. A contía máxima de subvención será de 10.000 euros.

Obrigas: manter a alta no RETA un mínimo de 18 meses.

Prazo de solicitude: ata o 30 de setembro de 2022.

AXUDAS DO IGAPE DESTINADAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS, CONVOCATORIA 2022. (DOG. Nº 1, DO 03/01/2022)

Proxectos subvencionables, con carácter xeral:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais. Os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitarase ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento de Unión Europea (TFUE).

c) Servizos a empresas de calquera sector económico.

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…)

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación, innovación tecnolóxica e comercio electrónico.

h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da hostalaría, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.

Requisitos, entre outros:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude da axuda.

b) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, por conta propia ou indefinido por conta allea, considerado en unidades UTA (é dicir, o traballo de unha persoa a tempo completo todo o ano).

Beneficiarios:

a) Os titulares ou membros (ata o 3º grao) dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación, que deberá estar cualificada como explotación agraria prioritaria.

b) Os autónomos e as microempresas e pequenas empresas de nova creación (nos 12 meses anteriores á solicitude).

Non poderán ser beneficiarias, entre outros supostos, as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas sen ánimo de lucro.

Contía: prima básica de 20.000 euros, que poderá incrementarse ata un máximo de 45.000 €.

Prazo de solicitude: Ata o 08/03/2022.

AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES EN MUNICIPIOS DE RETO DEMOGRÁFICO. (DOG. Nº 212, DO 04/11/2021)

Actuacións subvencionables:

a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).

b) Mellora da eficiencia enerxética e uso das enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria –AQS (tipoloxía 2).

c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3).

As citadas actuacións deberán acadar as seguintes condicións:

.- Redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% respecto da situación actual.

.- Mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano). Este criterio non será esixible cando o edificio acredite unha cualificación enerxética A.

As actuacións deberán cumprir coa normativa vixente, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas. Adicionalmente, deberán cumprirse os seguintes requisitos:

a) Polo menos o 70% dos residuos de construción e demolición non perigosos xerados prepararase para a súa reutilización, reciclase e valorización, incluídas as operacións de recheo.

b) En materia de rehabilitación enerxética, os compoñentes e materiais de construción utilizados no desenvolvemento das actuacións previstas nesta medida non conterán amianto nin substancias identificadas na listaxe do anexo XIV do Regulamento CE1907/2006.

Non serán subvencionables as actuacións iniciadas con anterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda.

As actuacións deberán realizarse en edificacións construídas con anterioridade ao ano 2007, nas seguintes opcións:

A) Vivendas unifamiliares ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, é dicir, edificios nos que polo menos o 70% da superficie construída sobre rasante do edificio esta destinada a uso residencial.

B) Vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente.

Beneficiarios:

Persoas físicas ou xurídicas propietarias de vivendas unifamiliares ou dos edificios de tipoloxía residencial colectiva; así como comunidades de propietarios e agrupacións de comunidades de propietarios de edificios residenciais de uso vivenda.

Contías:

Axuda base de ata o 50% do custo elixible, segundo a tipoloxía da actuación e o destinatario do proxecto; que poderá ser incrementada por unha axuda adicional por criterio social, eficiencia enerxética ou actuación integrada.

Prazo de solicitude: Ata o 30/09/2022, salvo esgotamento de crédito con anterioridade a esta data.

ASETEM – CCA recibe 4.000 euros de subvención nominativa por parte do Concello de Melide
A Asociación de Empresarios da Terra de Melide recibe 4.000 euros de subvención nominativa por parte do Concello de Melide para diferentes gastos en actividades de promoción e dinamización do comercio local da vila que a entidade levou a cabo no último ano. Unha axuda económica que, dende a directiva da asociación empresarial da comarca, ven necesaria para que entidades como ASETEM «poidan seguir desenvolvendo o seu traballo que busca impulsar os pequenos establecementos», unha tarefa que beneficia ao pobo no seu conxunto.

A administración municipal melidense destinou 80.000 euros ás subvencións nominativas para os gastos xerais das asociacións locais no 2021, o que supón un 19% con respecto á cuantía do ano pasado (67.000 euros no 2020). Con estas axudas económicas as entidades melidenses poderán afrontar gastos xerais nun contexto social, sanitario e económico marcado pola COVID-19. As asociacións da vila que serán beneficiarias destas subvencións, con base nos orzamentos 2021 son:

Cáritas parroquial de Melide: 9.000 euros en acción social.

O Museo Terra de Melide: 8.000 euros.

Asociación Catasol: 2.000 euros.

Asociación de Empresarios da Terra de Melide: 4.000 euros.

En promoción cultural:

Coral Polifónica de Melide: 4.000 euros.

Asociación Cultural Charamela: 4.000 euros.

Asociación de Mulleres Rurais da comarca de Melide, Alecrín: 4.000 euros.

Herba Grileira: 4.000 euros.

Asociacións deportivas:

A Escudería Melide MotoSport: 4.000 euros.

Asociación deportiva Cerne: 4.000 euros.

Asociación de cazadores Terra de Melide: 4.000 euros.

Fútbol Club Cire Melide: 20.000 euros.

Club Melide Fútbol Sala: 2.000 euros.

Club Ciclista Melidense: 2.000 euros.

Melide Veteranos: 1.000 euros.

Subvencións de interese
SUBVENCIÓN PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E DE RESTAURACION, ANO 2020. (DOGA 227, DO 28/11/2019)

Obxecto: Mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración seguintes:

Establecementos hoteleiros (hoteis e pensións), campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos.

Restaurantes que se enmarquen no grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011 de Turismo de Galicia

Investimentos subvencionables, realizados a partir do 01/01/2020:

.- Mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

.- Mellora das instalacións a fin de obter certificacións de calidade, como a “Q de Calidade Turística”.

.- Obras de adaptación  á normativa e mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

.- Renovación e modernización das instalacións e dos exteriores.

.- Equipamentos mobles precisos para o funcionamento.

.- Mellora da climatización.

O investimento máximo será de 100.000 € (IVE excluído).

Beneficiarios: Persoas físicas e xurídicas, titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, autorizados e clasificados polo REAT, cunha antigüidade na actividade, nese establecemento, dun mínimo de 5 anos.

Contía da axuda: ata o 35%, co máximo de 35.000 €.

Obrigas, entre outras: Manter a actividade durante un mínimo de 5 anos a partir da data da liquidación definitiva da subvención.

Prazo de solicitude: Ata o 30/12/2019.

SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA PAISAXÍSTICA E DE EMBELECEMENTO DE BENS E RECURSOS QUE SE ATOPEN NO CAMIÑO DE SANTIAGO, PARA O ANO 2020. (DOGA 229, DO 02/12/2019)

Actuacións subvencionables, cando se realicen a partir do 01/01/2020: actuacións sobre elementos etnográficos (lavadoiros, hórreos, pontes, muíños, fontes…); actuacións sobre a casa e a eira; actuacións no espazo agrario; actuacións mellora de axardinamento do camiño e incorporación de vexetación; e actuacións no propio trazado.

Beneficiarios: entidades locais, persoas físicas e xurídicas, comunidades de propietarios e agrupacións destas, asociacións veciñais, comunidades de montes e calquera outra institución ou asociación.

Contía: 75% do investimento subvencionable, co límite de 15.000 euros para entidades locais, e de 10.000 euros para o resto dos beneficiarios.

Prazo de solicitude: Ata o 02/01/2020.