Asociación | ASETEM, Asociación Empresarios Terra de Melide

Arrinca a XXVII edición da campaña “Este Nadal toca en Melide”
A viséxima séptima edición da campaña “Este Nadal toca en Melide” comeza hoxe, 1 de decembro, e nela repartiranse diversos premios entre a clientela dos establecementos de proximidade.

Nesta convocatoria participarán diversos comercios locais e de diferentes sectores, e será a iniciativa con maior número de participantes desta tempada, o que afirma a boa acollida que esta iniciativa ten cada ano. Dende a directiva de Asetem fan fincapé na necesidade de que “a poboación aposte por mercar os agasallos e produtos de Nadal nas tendas da vila porque non é preciso comprar nas cidades, grandes superficies ou a través da rede para atopar os mellores regalos a bos prezos”. A maiores, dende a Asociación empresarial destacan que “o feito de comprar no municipio implica que o pobo medre e isto é beneficioso para toda a veciñanza”,

“Este Nadal toca en Melide” sorteará, un ano máis, dous premios de 1.000 euros e 4 de 500 euros na tradicional Gala de Nadal. Como xa é habitual, as tendas participantes obsequiarán á clientela con rifas numeradas coas que entrar no sorteo. E, como novidade desta edición, haberá 10 vales de 50 euros para sortear a través da APP de Asetem, entre todos os tíckets subidos entre o 1 de decembro de 2025 e o 9 de xaneiro de 2026.

O obxectivo principal desta campaña é o fomento das compras nos establecementos comerciais de Melide, premiando a fidelidade da clientela mediante o sorteo de vales de compra. Estes premios serán gastados de novo nos establecementos de proximidade, o que garante a repercusión no eido comercial da localidade.

A Gala de Nadal celebrarase o venres 9 de xaneiro de 2026 no Centro Sociocultural Mingos de Pita. Neste evento contaremos coas actuacións de: Leti da Taberna e Os da Taberna.

Para as compras de Nadal, merca en Melide!

Cerne 235 – Setembro 2025
CERNE 235 SETEMBRO 2025

Cerne 234 – Agosto 2025
CERNE 234 – AGOSTO 2025

Bases campaña: «Rebaixas con premio»
1. Entidade organizadora: Asetem

2. Participantes: Para o sorteo dos 8 lotes de queixo Arzúa Ulloa poden participar todas persoas maiores de 18 anos que merquen entre o 1 e o 4 de xullo nun dos comercios asociados.

3. Duración e dinámica da actividade: dará comezo o 1 de xullo e finalizará o 4 de xullo. A dinámica consistirá en que todas as persoas que compren nun comercio local de proximidade dos asociados a Asetem e suban o ticket a app entrarán no sorteo de 8 lotes de queixo Arzúa Ulloa. Non hai importe mínimo para participar nin tampouco máximo.

4. Premios: os premios estarán compostos por 8 lotes de queixos Arzúa Ulloa.

5. Sorteo: o luns 7 de xullo. O resultado do sorteo publicarase nas redes sociais de Asetem (Facebook, Instagram e Twitter).

6. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.

Empresas e comercio asociado repartirán 6.200 euros ata o 10 de xaneiro na XXI Campaña de Nadal de Asetem
Non hai Nadal sen campaña de Asetem, e por iso o comercio asociado de Melide desenvolve dende o domingo 1 de decembro e ata o venres 10 de xaneiro a vixésimo primeira edición da súa tradicional campaña de Nadal.

“Por cada compra realizada nos establecementos asociados, sexan comercio ou empresa, os clientes recibirán un ano máis as rifas para poder participar no sorteo final”, explica Pilar López, xerente de Asetem – Centro Comercial Aberto.

Será o 10 de xaneiro cando se celebre o sorteo final nunha gala na Casa da Cultura de Melide a partir das 20.30 horas. O evento estará presentado nesta ocasión pola cantante e imaxe de Asetem – CCA, Eva Iglesias, que tamén deleitará a todos os presentes con varias actuacións.

Así mesmo, no transcurso da gala celebrarase un recital de poesía a cargo de Ana Vila Portomeñe, coñecida como “a poeta labrega”, e María Luisa Pereiro, escritora, modista e socia de Asetem.

De novo, 6.200 euros en premios

Nesta edición, e por terceiro ano consecutivo, volven a repartirse 6.200 euros en premios distribuídos en un de 2.000 euros, dous de 1.000, catro de 500 e un adicional de 200 euros entre os asistentes á gala do venres día 10. Para participar no premio directo sorteado entre o público, os asistentes terán que amosar as rifas de haber mercado nalgún establecemento do Centro Comercial Aberto Asetem.

O sorteo celebrarase como de costume ante notario e os premios serán entregados en vales de compra para volver a investir nas tendas e empresas locais.

“A verdade é que o Nadal en Melide sempre resulta, sempre hai un bo nivel de vendas e de feito os comerciantes en xeral fan a súa mellor campaña nesta época”, recalca a xerente dos empresarios, que tamén destaca que o obxectivo final que se persegue é sempre “a dinamización da economía local”.

A novidade deste ano chega da man dun vídeo elaborado para as redes sociais co que se pretende “difundir e promover dun xeito máis actual e dinámico o sector comercial e empresarial da localidade”; un vídeo que se suma aos tradicionais anuncios gratuítos emitidos en Radio Melide grazas ao convenio que a asociación de empresarios mantén coa emisora local.

80 establecementos e 70.000 rifas

Mantendo a liña de anos anteriores este ano participan arredor de 80 establecementos asociados pertencentes a todo tipo de sectores e, igual que na campaña anterior, tamén se repartirán 70.000 rifas; unha cantidade que adoita entregarse na súa totalidade.

Unha vez realizado o sorteo, os afortunados terán ata o 31 de xaneiro ás 13.00 horas para recoller o premio nas oficinas de Asetem. “De non aparecer ese día a esa hora, o premio pasará ao número de reserva e, en caso de que este tampouco aparecese, quedará deserto”, indicou Pilar López.

A campaña de Nadal está organizada polo Centro Comercial Aberto Asetem en colaboración co Concello de Melide e a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio.

Chega o Bono Asetem con descontos na volta ao cole para “todas” as familias
Paralelamente á campaña da “Volta ao cole” organízase a do Bono Asetem, que este ano repartirá case 1.000 euros en vales de compra. Como novidade ademais, esta edición conta con dúas modalidades: unha para familias numerosas e outra para todas as demais familias.

Familias numerosas

Entregarase un vale de 10 euros para familias numerosas por compras iguais ou superiores a 60 euros en calquera dos establecementos asociados, aínda que iso si, só por compras en artigos relacionados exclusivamente coa volta ao cole. É dicir, roupa, calzado, material escolar e deportivo, ou libros por exemplo. Unha vez que se realice o gasto (que pode ser un único tícket de 60 euros ou varios que sumen dito importe), os interesados poderán recoller o bono desconto de 10 euros en Asetem presentando o tícket de compra e o carné correspondente de familia numerosa.

Familias non numerosas

Entregarase un vale de 6 euros para todas aquelas familias que fagan as súas compras en calquera dos establecementos asociados, por compras iguais ou superiores a 60 euros e tamén única e exclusivamente en artigos relacionados coa volta ao cole. Unha vez feito o gasto deberán recoller o bono desconto de 6 euros en Asetem presentando o tícket de compra e o DNI.

En calquera das dúas modalidades só será entregado un vale desconto por familia. Ademais, os vales deberán corresponder ao mes de setembro de 2019, e poderanse recoller nas oficinas de Asetem-CCA ata o día 4 de outubro. Unha vez recollidos, as familias terán de prazo ata o 31 de outubro para investilos en calquera comercio asociado.

Gran festa infantil o 27 de setembro dentro da campaña de ‘Volta ao cole’
Un ano máis, e por segunda vez consecutiva, a Asociación de Empresarios Terra de Melide – Centro Comercial Aberto organiza a campaña “Volta ao cole”. A dinámica será a seguinte: todos os tíckets dos locais asociados por valor igual ou superior a 10 euros, dende o 1 ao 27 de setembro, darán acceso a unha gran festa infantil que se celebrará o venres 27 de setembro. A festa terá lugar en horario de 17.00 a 20.00 horas no parque Rosalía de Castro e, en caso de non acompañar as condicións meteorolóxicas trasladarase ao Palacio de Congresos e Exposicións. Os tíckets, que poderán ser de calquera artigo, trocaranse o propio día da festa por pulseiras identificativas que permitirán así a entrada e participación nas diferentes actividades da mesma.

Mercamelide reúne a 23 comercios no cantón de San Roque o 9 e 10 de agosto
A feira de oportunidades do comercio melidense, o Mercamelide, chegará á vila na súa edición de verán cargada de novidades, empezando polas datas e o emprazamento. Celebrarase os días 9 e 10 agosto, venres e sábado, e situarase por primeira vez no cantón de San Roque, ao aire libre, en lugar de no Palacio de Congresos como viña sendo habitual.

“O cambio de localización do Mercamelide cremos que vai a ser todo un acerto, proba diso é o incremento de participantes en comparanza á mesma feira organizada o ano pasado. Pretendemos dinamizar o noso comercio local, darlle pulo e incentivar un dos factores máis importantes na nosa vila como é o comercio de proximidade”, apuntou durante a presentación do que será o primeiro Mercamelide no Camiño o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas.

Pola súa parte, Pilar López, xerente do Centro Comercial Aberto – Asetem, destacou a “ilusión dos comerciantes con esta iniciativa innovadora e pioneira na vila”.

Situado en pleno camiño peregrino, o I Mercamelide no Camiño contará coa participación de 23 establecementos, fronte aos 14 do ano 2018 neste mesmo período.

En canto aos horarios, a feira de oportunidades abrirá o venres 9 de agosto en horario de 17.00 a 22.00h, e o sábado día 10 dende as 11.00 ata as 20.00h de maneira ininterrompida para facilitar as compras a veciños e visitantes.

Como en edicións anteriores están confirmados postos de sectores moi variados, como por exemplo calzado, téxtil, menaxe, alimentación, moblerías, e outros novidosos como establecementos de novas tecnoloxías, seguros e incluso beleza.

Sorteo nas redes sociais

Outra das principais novidades nesta primeira edición do Mercamelide no Camiño será a celebración dun sorteo a través das redes sociais. Deste xeito, todas aquelas persoas que visiten o Mercamelide e se fagan unha fotografía nalgunha das tendas participantes entrarán no sorteo dun vale de 90 euros para gastar entre os comercios do Mercamelide. Para participar só teñen que subir unha fotografía comprando no Mercamelide ás redes sociais e etiquetar a páxina de Facebook da asociación de empresarios (@asetemmelide), co hashtag #Mercamelide. A imaxe que máis “me gustas” teña será a gañadora do vale de 90 euros. O gañador do concurso darase a coñecer o luns día 12 de agosto.

Actuacións musicais e animación

Paralelamente ao I Mercamelide no Camiño, Concello de Melide e Asetem organizan unha completa programación de actividades para fomentar e animar a xornada de compras na vila. Venres e sábado haberá animación infantil, xogos e talleres.

Finalmente, tanto o venres como o sábado poñerase o punto final a cada xornada de compras con actuacións musicais. O venres 9 de agosto a cita será co músico Roi Casal no parque Rosalía de Castro ás 22h, e o sábado 10 de agosto, será a quenda para os grupos The Cerne e Strobos na praza do Convento ás 22h. Todas as actividades son gratuítas.

Descontos de ata o 70%, promocións e 1.000 euros en premios na Noite Aberta do comercio melidense
Nesta edición, que se celebrará o venres 21 de xuño, participan un total de 26 establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto Asetem

O Centro Comercial Aberto Asetem de Melide (CCA-Asetem), organiza este venres, día 21 de xuño, unha nova edición da Noite Aberta; unha xornada repleta de descontos, sorpresas e numerosos premios que farán do comercio local melidense o lugar máis atractivo de toda a contorna para realizar as compras.

Este ano participan un total de 26 establecementos entre os que se atopan sectores como a moda e calzado para todas as idades, complementos, electrodomésticos, deporte, ópticas, saúde, entretemento para os máis pequenos, etc.

Xunto aos descontos de ata o 70 por cento, así como as ofertas de 2×1 e mesmo 3×1, repartiranse 1.000 euros en premios durante a xornada de compras, que nesta ocasión irá dende as cinco da tarde ata as doce da noite. Para iso, nos establecementos participantes entregaranse tarxetas rasca con cada compra que permitirán optar a diferentes agasallos directos así como aos premios dun sorteo que se celebrará ao remate da xornada.

Sorteo no Cantón de San Roque

Para participar no sorteo será necesario depositar as tarxetas rasca adquiridas durante a tarde, debidamente cumprimentadas, nunha urna situada no Cantón de San Roque. Será a partir das 00.00 horas cando se proceda ao sorteo dos premios así como á entrega dos agasallos correspondentes. Non obstante, todos aqueles que ao longo da tarde obtivesen un premio directo na tarxeta rasca poderán recollelo dende as 23.00 horas tamén no Cantón de San Roque.

Entre os premios do sorteo haberá numerosos vales desconto, lotes de produtos locais, un circuíto termal e moitas máis sorpresas.

Presenza de Eva Iglesias

Como imaxe do Centro Comercial Aberto Asetem que é, a cantante e colaboradora televisiva Eva Iglesias tamén estará presente nesta edición da Noite Aberta. A artista galega achegarase a Melide para visitar as diferentes tendas durante a xornada de compras e participar no sorteo final. Todos aqueles que o desexen tamén terán a oportunidade de fotografarse coa cantante nun photocall que Asetem instalará para a ocasión.

“A Noite Aberta é, xunto á de Nadal, unha das campañas que mellor funciona no comercio local”, apunta Pilar López, xerente do CCA Asetem, “máis que nada polos prezos reducidos, as promocións, o ambiente festivo que anima a mercar e tamén o atractivo de saber que podes obter algún que outro agasallo”, engade.

Na organización da Noite Aberta colabora o Concello de Melide e a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio.

Modelos profesionais, sorteo dunha xoia e multitude de sorpresas máis no desfile Melide Está de Moda de Asetem
Xa está aquí unha edición máis da pasarela Melide Está de Moda que, cargadiña de sorpresas nesta ocasión, non perde de vista o seu principal obxectivo: dinamizar o sector comercial da vila.

Será o catro de maio a partir das 18.00 horas nas Casa da Cultura de Melide e estará presentada un ano máis pola cantante e colaboradora televisiva galega Eva Iglesias. Tamén nesta ocasión o decorado e o ambiente de luz e son buscará sorprender a todos os asistentes grazas ao traballo dos profesionais de La Gramola Discotecas Móviles.

Ao igual que en edicións anteriores cada tenda amosará as súas coleccións de primavera verán da man de modelos locais. Non obstante, e como unha das grandes novidades, tamén desfilarán modelos profesionais, grazas á colaboración de Cris Calviño.

Outra das grandes novidades para esta edición será darlle visibilidade á creatividade galega dentro do ámbito da xoiaría e da moda. Par iso, o Centro Comercial Aberto Asetem contará coa presenza do Centro de Formación Pasarela de Vilagarcía (destinado á formación en deseño de moda, patronaxe, asesoría, corte e confección e fotografía de moda), que presentará sobre o escenario da Casa da Cultura unha colección de roupa deseñada polos seus talentos máis novos.

Así mesmo, realizarase unha presentación da deseñadora de xoias contemporáneas e de autor, Loló Joyeros, que cederá unha xoia deseñada en exclusiva para o desfile Melide Está de Moda. Dita xoia será sorteada entre o público asistente que previamente realizase unha achega solidaria a favor da Fundación Andrea, coa que este ano colabora Asetem.

Carácter benéfico

A maiores da xoia, e dado que esta edición de primavera verán será de carácter benéfico, nos días previos ao desfile todos aqueles que o desexen poderán aportar as súas doazóns nas distintas urnas da Fundación Andrea que hai repartidas polos comercios asociados, así como o propio día da pasarela.

Cámbiame en Melide

De xeito paralelo, nos meses previos e ata o 4 de maio, está a desenvolverse a primeira edición de Cámbiame en Melide; unha iniciativa máis para promover o comercio local asociado.

Nesta campaña, os tres candidatos seleccionados están sendo asesorados en distintos ámbitos polos profesionais do comercio local; así como polas asesoras de imaxe e Personal Shopper Sylvie Rodríguez e Cris Calviño, que achegarán as súas recomendacións en materia de moda aos candidatos co obxectivo de realzar aínda máis o cambio final o vindeiro 4 de maio.

Desenvolvemento

No Melide Está de Moda primavera verán 2019, que está organizado polo Centro Comercial Aberto Asetem en colaboración co Concello de Melide e a Xunta de Galicia, participan máis dunha quincena de comercios que realizarán os ensaios previos os días 26 de abril e 3 de maio.