Asetem celebra o próximo 8 de xaneiro o sorteo da campaña de Nadal’, ‘A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca) acollerá o vindeiro martes 8 de xaneiro o sorteo da campaña “Este Nadal toca en Melide”, a través da que se entregan 6.000 euros en premios aos clientes do comercio local. Celebrarase ás 9 da noite, ante notario, no salón de actos da patronal. Como é costume realizarase seguindo o sistema de man inocente logo de introducir nunha urna as matrices correspondentes ás rifas entregadas.’, ‘

En primeiro lugar extraeranse os números correspondentes aos 10 premios por valor de 100 euros, logo os 10 premios por valor de 200 euros e para rematar o premio de 1.000 euros e o premio de 2.000. A continuación extraerase un número de reserva para cada un dos premios anteriores. Deste xeito, serán en total 44 os números que saian da urna, a metade como titulares e a outra metade como reserva.

O sorteo está aberto ao público, polo que poderán asistir todos os clientes e comerciantes que o desexen. Unha vez rematado, os números premiados serán publicados no facebook de Asetem, na súa páxina web, e en días seguintes tamén no xornal Cerne e en folletos que serán distribuídos polos comercios.

Prazos para os comerciantes

Os establecementos participantes na campaña de Nadal terán que entregar na notaría de Melide as matrices correspondentes ás rifas que están a repartir entre os seus clientes. Deberán facelo o propio día do sorteo entre as 4 e as 6 da tarde. As matrices deberán ir sen grampas e quedarán anuladas todas aquelas que non fosen presentadas a tempo.