ASETEM
Asociación Empresarios Terra de MelideSaúdo
Historia
Unha vez constituída, comezan a integrarse en Asetem empresas e autónomos de diferentes sectores, dende a gandería ata a construción, pasando polo sector servizos e hostaleiro. A asociación axiña pasa a integrarse na Confederación de Empresarios da provincia da Coruña (CEC), dando continuidade así un longo percorrido de constante apoio ao tecido económico local dos concellos de Melide, Toques Santiso e Sobrado. Durante estas máis de dúas décadas mantívose sempre fiel aos seus obxectivos de coordinar os intereses comúns dos asociados e de promover e dinamizar a actividade empresarial da comarca en todos os seus ámbitos.
O 21 de outubro de 2005 a asociación dá un paso importante ao constituírse como centro comercial aberto. Outro dos fitos da historia recente de Asetem-Cca produciuse o 27 de maio de 2010, cando as dúas patronais existentes ata o momento na vila ratificaron a súa vontade de unirse. Os preto de 50 membros do antigo Centro Comercial Aberto Vila de Melide decidiron integrarse voluntariamente en Asetem-Cca, que pasou a sumar un total de 142 socios e converteuse no colectivo único de representación dos comerciantes e empresarios/as locais. No ano 2012, coincidindo coa celebración da Cea Anual de Confraternidade, Asetem-Cca acadou a simbólica cifra de 150 socios, o récord de membros dende a súa fundación.
Na actualidade Manuel Vázquez García ocupa o cargo de presidente da patronal melidense tras ser respaldado polo 69% dos votos nas eleccións celebradas en xuño de 2014.
Directiva ASETEM
Presidenta:
Emma Sanmartín García
Vicepresidente:
José Valiño Vázquez
Secretaria:
Rocío Barreiro Varela
Tesoureira:
Antía Broz Primo
Contador:
Adela Varela Vázquez
Vogais:
Anabel López e Juan José Rodríguez

Xerente:
Pilar López López
