Hazte Socio de Asetem
Comercios Asociados en AsetemQue servizos ofrece Asetem?
- Asesoría xurídica, fiscal e laboral:
Resolve gratuitamente todas as túas dúbidas de man dos profesionais cualificados da Confederación de Empresarios da Coruña, da Federación Galega de Comercio e da Federación de Autónomos de Galicia, organismos nos que estamos integrados.
- Información e tramitación de axudas:
Achegamos de forma puntual información sobre todas as subvencións e liñas de axuda ofertadas dende os diferentes organismos. Se o precisas, tramitámosche as solicitudes de xeito gratuíto. Tamén informamos sobre os cambios lexislativos de relevancia.
- Organismo acreditado:
Asetem é un organismo acreditado para a realización de cursos oficiais de manipulador de alimentos, benestar animal e transporte de animais vivos. Estamos habilitados para intervir como árbitros ante calquera conflito que se dirima no Instituto Galego de Consumo.
- Un espazo de comunicación:
A asociación de empresarios é a responsable do Xornal Cerne, publicado mensualmente dende 2004 como unha ferramenta de difusión da actividade comercial e de información plural para a veciñanza. Na nosa páxina web tes outra canle de comunicación e tamén un espazo para o teu negocio.
- Convenios con garantías:
Accede a vantaxes na contratación de servizos para o teu negocio grazas aos convenios que asinamos con entidades como Banco Sabadell, La Caixa, Seguridade A-1 ou Radio Melide.
- Oferta formativa:
En Asetem organizamos cursos formativos pensando nas necesidades dos nosos asociados: Escaparatismo, técnicas de venda, prevención de riscos laborais, oratoria, habilidades directivas, primeiros auxilios, redes sociais e Internet…
- Feiras, eventos e campañas:
Poñemos en marcha numerosas iniciativas ao longo do ano co obxectivo de dinamizar o tecido produtivo local e crear vida na comarca. Son campañas como a de “Este Nadal toca en Melide”, o “Bono Asetem”, a feria de oportunidades “Mercamelide”, a “Noite Aberta”, o “Black Friday” ou a pasarela de moda “Melide está de moda”.
- Cesión gratuíta do local:
As instalacións de Asetem están a disposición das empresas asociadas sempre que o necesiten.
- Bolsa de traballo:
Axudámosche a atopar o empregado que necesitas.
Aínda non lle ves as vantaxes? Asóciate!!
Faite socio de Asetem-CCa. Imprime e completa os seguintes documentos pdf e envíaos por correo postal á dirección:
C/ Lino Sexto Sánchez, Nº2 15800 Melide (A Coruña).
Grazas!!