Empresas da vila deberán formar aos seus empregados sobre prevención de branqueo de capitais’, ‘A Lei 10/2010 de 28 de abril sobre Prevención de Branqueo de Capitais e Financiamento do Terrorismo obriga a que os traballadores de certas actividades empresariais estean formados na materia. Entre esas actividades afectadas, que a norma recolle no seu artigo 2, figuran algunhas con destacada presenza na vila de Melide. Tal é o caso de entidades aseguradoras, construtores, promotores, xoierías, bancos e caixas de aforros, asociacións, axencias inmobiliarias ou despachos de avogados, entre outras. Ademais, a lei tamén obriga ás persoas físicas ou xurídicas que comercien profesionalmente con calquera tipo de ben cuxo importe supere os 15.000 euros.’, ‘Todos os empresarios concernidos pola norma deberán garantir que os seus empregados coñezan as esixencias derivadas da lei. Estas medidas inclúen, segundo se establece no artigo 29, “a participación debidamente acreditada dos empregados en cursos de formación específicos orientados a detectar operacións relacionadas co branqueo de capitais e instruílos sobre a forma de proceder en tales casos”. Non cumprir a obriga de formación será considerado unha infracción grave, o que pode supoñer unha sanción económica por un importe mínimo de 60.001 euros. Curso en AsetemPara facilitar que todos os asociados se axusten á lei, Asetem-Cca está a organizar un curso de “Experto en prevención de branqueo de capitais” no que se abordará con detalle a nova normativa legal. Terá unha parte presencial e outra a distancia e dará comezo en canto se reúna un número axeitado de alumnos. Os contidos inclúen conceptos básicos sobre o branqueo, un repaso pola normativa española e internacional relacionada coa materia, métodos de prevención e medidas de control interno.(Descarga o documento adxunto coa lista de todas as actividades empresariais afectadas pola lei contra o branqueo).