16 de maio, Asemblea Xeral Ordinaria’,
A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca) convoca a todos os seus asociados á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o vindeiro 16 maio, xoves, ás 21:00 horas en primeira convocatoria e ás 21:30 en segunda convocatoria.
Como xa vén sendo habitual, dita asemblea celebrarase no salón de actos da asociación, na rúa Lino Sexto Sánchez, e tratará os seguintes puntos na súa orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Balance e aprobación, se procede, das contas do exercicio anterior.
3.- Memoria de actividades levadas a cabo no ano 2013 e obxectivos para 2013.
4.- Solicitude da axuda para asociacións de comerciantes sen fin de lucro ao abeiro do programa “Ágora Re-comercia 2010 – 2013”.
5.- Rogos e preguntas.
Asetem lémbralle a todos os seus asociados que poden coñecer o balance de contas antes da celebración da asemblea. Só teñen que pasar polas oficinas da patronal en horario de 8:30 a 13:00 horas, de luns a venres.
Despois da Asemblea Ordinaria celebrarase outra de carácter extraordinario para tratar diferentes aspectos relacionados co xornal Cerne, que edita Asetem dende hai oito anos. Será ás 22:00 horas en primeira convocatoria e ás 22:30 en segunda convocatoria.