ASETEM entregará o 17 de febreiro os premios da campaña «Este Nadal Toca en Melide»‘, ‘O acto será ás 21:00 horas en Ezequiel Eventos. Participarán tanto os clientes agraciados como os representantes dos comercios que repartiron os números premiados.

O próximo 17 de febreiro celebrarase a entrega de premios da campaña «Este Nadal Toca en Melide», que repartiu 6.000 euros entre os clientes dos comercios locais. O acto será ás 21:00 horas en Ezequiel Eventos (Travesía do Sol, número 7). Ao evento asistirán tanto os clientes agraciados como os representantes dos comercios que repartiron os números premiados. Entregaranse vales de 50 euros, ata chegar ao valor do premio obtido, que deberán ser gastados nos comercios que participaron na promoción.

A extracción dos boletos premiados realizouse o 9 de xaneiro, polo sistema de man inocente e ante notario, na sede de Asetem. En total, repartíronse 22 premios que suman unha cantidade global de 6.000 euros, aínda que  no sorteo foron extraídos 44 números, a metade como titulares e a outra metade en concepto de reserva.

Aproveitando a entrega de premios, tamén se realizará o sorteo da Campaña do Día dos Namorados, no que se rifarán oito ceas para dúas persoas. A velada completarase coa degustación de petiscos e viños do país.

 

Balance da campaña de Nadal

Asetem-Cca valora positivamente o resultado da última edición de “Este Nadal toca en Melide” e considera cumpridas as expectativas tanto de público como de participación de establecementos.

A derradeira campaña de Nadal, que se desenvolveu ao longo de 40 días entre os meses de decembro e xaneiro, repartiu preto de 50.000 boletos e dela formaron parte un total de 71 comercios da vila. Malia estarmos a falar de cifras inferiores a edicións pasadas, a directiva de Asetem considera que os datos son “moi positivos se temos en conta que estamos inmersos nunha fonda crise económica”. A isto hai que engadir que por primeira vez Asetem decidiu cobrar unha cota de inscrición aos locais co obxectivo de seguir mantendo uns premios atractivos para o consumidor.

Con respecto ás vendas, os comerciantes aseguran que se  segue a notar “o parón” producido pola situación económica pero sinalan que o volume de negocio foi moi semellante ao do ano pasado e incluso algúns melloraron as cifras de 2010. Ao igual que ven sucedendo nos últimos anos, os consumidores agardaron á última hora para facer as súas compras, polo que o escaso movemento das primeiras semanas se viu logo compensado pola vendas nas vésperas de Nadal e Reis.

Para Asetem-Cca, os datos da presente campaña son a mostra de que Melide “está resistindo a crise” e sairá reforzado unha vez que melloren os indicadores económicos.

 

1º PREMIO – 2.000 EUROS

20.599 (Librería Cousas)

Reserva: 8.437 (Xoiería Silvela)

2º PREMIO – 1.000 EUROS

17.624 (Xoiería Roval)

Reserva: 9.530 (Xoiería Oro Ley)

 

PREMIOS DE 200 EUROS

  1.946 (Modas Manuel)                             ►Reserva: 28.039 (Est. Servizo Corredoiras)

  14.036 (Expert Melide)                               ► Reserva: 14.142 (Expert Melide)
  20.394 (Librería Cousas)                           ► Reserva: 19.771 (Zapatería Tanuska)
  23.455 (El Dándolo)                                   ► Reserva: 9.507 (Xoiería Oro Ley)
  31.762 (Carnicería Penas)                         ► Reserva: 44.952 (Muxica Tenda Xoven)
  31.887 (Carnicería Penas)                         ► Reserva: 44.749 (Calzados Broz)
  40.319 (Bodegas Mejuto)                           ► Reserva: 19.699 (Zapatería Tanuska)
  43.815 (Pescados Abel)                             ► Reserva: 32.509 (Calitex)
  44.242 (Zapatería Tanuska)                       ► Reserva: 30.055 (Librería Cousas)
  47.410 (Estanco Angarela)                        ► Reserva: 24.572 (Calzados Broz)

PREMIOS DE 100 EUROS

   2.016  (Deportes López)                           ► Reserva: 12.590 (Pescados Abel)
   7.067 (Librería Victorio)                           ► Reserva: 35.897 (Aceiteiro)
  12.720 (Pescados Abel)                            ► Reserva: 46.397 (Estanco Angarela)
  27.026 (Ortopedia Ortosaúde)                  ► Reserva: 7.503 (Xoiería Silvela)
  27.289 (Electricidade Vilela)                     ► Reserva: 15.518 (Toño Peluqueros)
  27.416 (Electricidade Vilela)                     ► Reserva: 1.834 (Modas Manuel)
  34.358 (Calzados Broz)                             ► Reserva: 11.011 (Muxica Tenda Xoven)
  41.681 (Xoiería Oro Ley )                          ► Reserva: 10.493 (Muxica Tenda Xoven)
  46.814 (Calzados Broz)                             ► Reserva: 27.637 (Est. Servizo Corredoiras)
  47.328 (Estanco Angarela)                       ► Reserva: 47.112 (Aceiteiro)

‘, ‘1326145270’, ‘no’, ‘243foto01g.jpg’, », », 1, 0, », », », », ‘

‘, », », », ‘

‘, »);