Queixas pola organización caótica da feira medieval’, ‘Boa parte do comercio de Melide expresou o seu malestar polo xeito en que o Concello está a organizar o mercado medieval que se celebrará este mes de agosto dentro da programación das festas do San Roque. Os comerciantes critican a escasa antelación coa que se lles comunicou a celebración do evento e denuncian que recibiron a carta de invitación tan só 9 días antes de que comece a feira. “Non temos marxe nin sequera para preparar unha vestimenta axeitada e moito menos para buscar xente que nos quede nos negocios mentres nós atendemos os stands”, apuntan algunhas voces. ‘, ‘As críticas sinalan tamén cara á data escollida polo goberno local para organizar o mercado. Agosto é o mes de máis traballo para os establecementos da vila, especialmente os días do San Roque, e os comerciantes aseguran que nesta época “é moi difícil para un autónomo dar atendido a todo”. O malestar no gremio vén dado tamén pola “pouca consideración” en que se tivo ao comercio local. O sector cre que se lle debeu dar prioridade aos comercios de Melide que puidesen encaixar na feira e logo completar a oferta inexistente na vila con outros negocios procedentes de fóra. Á marxe do mercado medieval, os comerciantes amosan a súa preocupación pola iluminación deficiente dalgunhas rúas e zonas do casco urbano. Consideran que pode supoñer un problema de inseguridade ademais de proxectar unha mala imaxe da vila. Por outra banda agardan que o proxecto anunciado polo concello para construír unha pista de pádel e un espazo de ocio dentro do Pazo de Congreso non supoña un obstáculo para a celebración de eventos dentro do recinto. Asetem-Cca solicitará unha reunión urxente coa alcaldesa para tratar estes temas.