Curso gratuíto en Asetem para mellorar os hábitos posturais’, ‘As persoas interesadas poden inscribirse ata o 21 de outubro

A Confederación de Empresarios da Coruña, en colaboración conAsetem-Cca, organiza en Melide un seminario sobre hixiene postural no ámbito dotraballo e das rutinas do día a día.

 

O curso vai encamiñado a corrixir os maloshábitos e as posturas incorrectas que realizamos sen darnos de conta e que amiúdo derivan en dores de lombo e cervicais, contracturas musculares, rixidez emesmo lesións. As persoas que participen aprenderán a crear táboas conexercicios adaptados ás súas necesidades. Tamén se achegará información sobreas posturas máis axeitadas para cada hábito co obxectivo de sacar maiorrendemento das tarefas que fagamos sen realizar esforzos nin danar o corpo.Ademais haberá unha parte práctica na que os asistentes recibirán nociónsbásicas sobre como realizar masaxes de relaxación.

 

O curso de hixiene postural impartirase o 23de outubro na sede da patronal melidense e realizarase nunha única xornada decinco horas, en horario de 4 a 9 da tarde. É totalmente gratuíto e nel poderánparticipar tanto traballadores en activo como parados e pensionistas. Aspersoas interesadas xa poden anotarse chamando ou acudindo ás oficinas deAsetem. O prazo de inscrición remata o día 21 e hai un total de 20 prazasdispoñibles.

Este seminario enmárcase dentro do programa «Prevención cos cinco sentidos», un proxecto impulsado pola Confederación de Empresarios da Coruña e financiado pola Xunta que persegue concienciar sobre a prevención de riscos laborais dende o punto de vista do benestar persoal. Será impartido polo fisioterapeuta Miguel Ángel Villar.