Asetem dá a coñecer novas formas de venda a través das últimas tecnoloxías’, ‘En tempos nos que captar novos clientes é case unha quimera, resulta de vital importancia conservar os que xa temos e tratar de reforzar a relación con eles. Con ese obxectivo, Asetem-Cca busca para os seus asociados novas fórmulas de fidelizar o consumo e promocionar produtos e servizos.

A patronal melidense acolleu o pasado 28 de setembro a presentación do “Feirón”, unha iniciativa da compañía R baseada nas novas tecnoloxías e pensada para    dinamizar o comercio tradicional. Dende a súa posta en marcha a finais de 2012 xa conta con 667  comercios adheridos en toda Galicia e 5.806 consumidores dados de alta.

Que é o Feirón?

É unha plataforma que serve para comunicarlles aos clientes de maneira sinxela as novidades, promocións e ofertas do teu comercio a través do correo electrónico, do móbil ou das redes sociais.

Como funciona?

Os comercios que se adhiran ao Feirón recibirán unha tablet dende a que poderán lanzar cantas ofertas queiran. Esas promocións chegarán directamente aos dispositivos dos seus clientes, que previamente se terán que inscribir no servizo. Ao rexistrarse obterán unha tarxeta coa que deberán facer checking cada vez que merquen nos comercios adheridos ao Feirón. Iso daralles dereito a entrar no sorteo mensual de 500 euros (para gastar na rede Feirón) e no sorteo anual dun soldo de 1.000 euros durante un ano. O cliente non só recibe as ofertas do local no que se inscribiu, senón tamén as de todos aqueles polos que pasa e fai checking.

Descontos para socios

O servizo ten un custo que varía en función de se o comercio é cliente de R ou non. Os socios de Asetem beneficiaranse de descontos adicionais grazas ao convenio asinado entre a patronal e a compañía o pasado ano. Os comercios que desexen  máis información poderán obtela na web www.feiron.com ou na tenda R de Melide, na Rúa do Convento.