Logo dunha rolda de contactos e reunións con diferentes entidades bancarias, a Asociación de Empresarios Terra de Melide asinou a finais do mes de marzo un convenio de colaboración con La Caixa e outro co Banco Sabadell no que se recollen condicións vantaxosas e facilidades de financiamento para os socios. Devolución de parte dos recibos domiciliados, descontos en seguros, financiamento por facturación da TPV ou créditos rápidos son só algúns dos aspectos destes acordos que os socios poderán coñecer mellor nas oficinas de Asetem ou nas propias entidades bancarias.

 

Convenio de colaboración con Banco Sabadell

Convenio Sabadell 2O convenio asinado co Banco Sabadell contempla dúas liñas diferenciadas: unha profesional, para as empresas e autónomos, e outra enfocada ás contas persoais dos propios socios de Asetem ou dos seus traballadores.

As vantaxes materializaranse na denominada “Cuenta Expansión PRO”, con cero euros de comisións de administración e mantemento.  Ademais, a entidade aboará o 10% da cota de socio ata un máximo de 100 euros ao ano. Por outra banda tamén devolverá o 3% dos recibos domiciliados (auga, luz, gas…) ata un máximo de 20 euros cada mes.

Os socios e socias que decidan confiar no Banco Sabadell poderán gozar de tarxetas de débito e de crédito gratis, que lles permitirán retirar cartos tamén de xeito gratuíto nos caixeiros do Sabadell e tamén en todos aqueles adscritos a Servired sempre e cando se retiren importes iguais ou superiores a 60 euros. Destaca tamén neste convenio a Línea Expansión, a través da cal se concederán créditos rápidos de ata 5.000 euros tanto para proxectos empresariais como persoais dos socios e socias de Asetem. Ademais, o acordo  inclúe condicións favorables en pólizas de crédito profesional ou créditos para estudos e masters. Por outra banda recolle vantaxes específicas como plans de pensións 100% flexibles ou o adianto da nómina aos traballadores.

Con carácter especial para todos os asociados, Banco Sabadell comprométese a realizar xornadas informativas para asesorar sobre temas como a planificación da xubilación, a tramitación de recibos ou como facer rendibles os aforros.

 

 Convenio de colaboración con La Caixa

VerticalO acordo asinado entre Asetem e La Caixa achegaralle aos socios e socias da patronal a nova forma de facer negocios pola que está apostando esta entidade, que se resume no lema “Llevamos la oficina de La Caixa a tu negocio”. O cliente terá ao seu servizo un xestor especializado co que poderá contactar en calquera momento e que lle axudará a realizar os trámites necesarios sen desprazarse á oficina. Ao mesmo tempo, ofreceralle solucións para aumentar a eficiencia da empresa ou do comercio.

Esta filosofía de traballo ten a súa plasmación na denominada “Cuenta Negocio”, á que se pode acceder ao domiciliar o pago da Seguridade Social de Autónomos e ter un mínimo de 600 euros de ingresos ao mes. Con esta conta os socios de Asetem poderán realizar operacións de cobros e pagos aforrando os custos de mantemento e administración, tarxeta de débito para o titular e un beneficiario, ingresos de cheques ou transferencias por autoservizo. Se ademais da domiciliación se realizan tres cargos de recibos ao trimestre e tres compras con tarxeta ao trimestre, La Caixa regala unha tablet LG GPad ou un smartphone LG Optimus L9.

Outro dos servizos dispoñibles é a MultiCuenta Negocio; dúas contas independentes, unha para uso profesional e outra para uso particular, que operan cun único saldo conxunto en caso de necesidade de fondos nunha delas. No convenio tamén se recollen, entre outras vantaxes, descontos do 5% en carburantes, do 10% en seguros en promoción, VIA-T gratuíto ou financiamento por facturación da TPV.