A Asociación de Empresarios Terra de Melide puxo punto e final ao actos de celebración do seu 25º aniversario cunha cea de confraternidade á que asistiron preto de 200 persoas entre socios e socias, autoridades e veciños da comarca.

O convite, que se celebrou o pasado 30 de maio no Hotel Carlos 96 de Melide, comezou dun xeito moi emotivo coa proxección dun vídeo gravado por Asetem a comezos dos anos 90 no que se expoñían os obxectivos da asociación e se facía unha breve descrición de cada unha das empresas que a integraban, a maioría das cales aínda seguen en funcionamento a día de hoxe.

De seguido, a actual presidenta da patronal melidense, Sonia Valiño, tomou a palabra para dirixirse aos asistentes e facer un resumo de 25 anos de traballo nos que a asociación evolucionou “ata consolidarse  como unha entidade activa que traballa polos intereses da comarca”. Valiño quixo agradecer a contribución de todos os presidentes que pasaron por Asetem, dos traballadores, dos xornalistas e dos socios que durante este tempo mantiveron con vida a asociación. “Vós sodes a esencia deste gran proxecto”, dixo Valiño, “grazas a vós temos unha entidades dinámica e saneada economicamente que nos permite asegurar que hai moito futuro por diante. Pídovos que nunca deixedes de crer na utilidade de Asetem e que confiedes nas potencialidades de Melide e da súa comarca”, concluíu.

Na cea do 25º aniversario, os socias e socias de Asetem estiveron acompañados por representantes das principais asociacións de empresarios, comerciantes e autónomos da provincia, así como pola Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal. Todos eles participaron tamén nun espazo de intervencións previo á sobremesa no que dirixiron unha palabras a todos os asistentes. O primeiro en falar foi o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla Ramil, quen destacou o carácter excepcional da Asociación de Empresarios da Terra de Melide: “pocas asociaciones han llegado tan lejos en el estado que llegó Asetem, cohesionando tan bien a todas las empresas”, sinalou Fontenla, “sois pertinaces y consistentes”. O presidente da CEC referiuse á situación xeográfica privilexiada da Terra de Melide e animou a utilizar esa vantaxe como motor de progreso ao tempo que incidiu na necesidade de “desarrollar el sector hotelero y potenciar la hostelería”. Por último, convidou ao empresarios locais a “tecnificarse mucho máis para avanzar tecnológicamente”.

A continuación tomou a palabra o presidente da Federación Proviancial de Comercio, Miguel Agromayor, quen puxo o foco no pouco que aproveita o pequeno comercio as vantaxes tecnolóxicas e na importancia de ser competitivos. Pola súa parte, o presidente da Federación de Autónomos de Galicia (Feaga), Francisco Javier Pérez Bello, aproveitou a súa presenza na cea do 25º aniversario para facer entrega da medalla de ouro de Feaga que esta federación lle concedeu a Asetem “por defender os intereses comúns, contribuír a fixar poboación e reivindicar o papel dos autónomos como vertebradores da sociedade”.

IMG_7262

Por último, e para pechar o turno de intervencións, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, quixo facer un agradecemento especial “ás persoas que en 1.989 comezaron esta andaina apostando pola asociación. O tempo demostrounos a todos que estaban no certo”.

Xa avanzada a noite, aínda quedaba un dos momentos maís importantes da velada, o de recoñecer o traballo das persoas que máis se implicaron en Asetem e que  máis creon na súa utilidade: os 6  presidentes que tivo Asetem nestes 25 anos. Entregóuselle a cada un deles un diploma de agradecemento en nome de todos os socios e do pobo de Melide polo seu traballo e dedicación. O primeiro en recollelo foi Horacio Blanco, presidente entre 1989 e 1990 e primeira cara visible de Asetem. El tivo a honra de formar parte dese grupo de xente que impulsou a asociación e que sentou unhas bases sólidas que lle permitiron chegar á actualidade.

IMG_7352

A continuación entregóuselle o diploma a José Quintas, que dirixiuu a asociación entre os anos 1990 e 2000, un período no que Asetem uniu forzas co Concello e presionou para conseguir importantes melloras a nivel de servizos e infraestruturas. Destacan a construción dunha subestación eléctrica para evitar os continuos cortes de luz, a captación de auga no Río Furelos ou a creación do polígono da Madanela.

IMG_7355

O terceiro presidente de Asetem foi Pedro J. Gómez (2000-2001), quen se esforzou por facer a asociación máis eficiente e dinámica, puxo en marcha a páxina web como escaparate de todo o que se facía dende o empresariado de Melide e impulsou acordos con entidades bancarias e outras confederacións de empresarios.

IMG_7359

Tamén recibiu un diploma de agradecemento Julio Villamor. Durante o seu mandato, entre os anos 2001 e 2002, Asetem conseguiu mercar un baixo para ter unha sede propia. Foi unha das pezas clave para que autovía Lugo – Santiago pasara preto de Melide.

IMG_7362

                O seguinte ex presidente en recibir o diploma foi José Antonio Rodríguez. Baixo o seu mandato Asetem conseguiu dous grandes logros: converterse en Centro Comercial Aberto, o que fixo multiplicar tanto o orzamento como o número de socios, e poñer en marcha o xornal Cerne. Levou as rendas da asociación entre os anos 2002 e 2010.

IMG_7367

                Por último, fíxose entrega do diplma de agradecemento á actual presidenta da patronal melidense, Sonia Valiño. Con ela Asetem fíxose máis forte tras asinar a fusión con Vila de Melide, un paso importante que marcou o inicio do seu mandato, no que se puxeron en marcha eventos de envergadura como o Salón da Voda e campañas de éxito hoxe consolidadas como a Ruta de Tapas.

IMG_7372

                A velada rematou coa actuación do grupo local Leirabuxo, que interpretou temas do seu último disco, Pé de ouro, raíces de prata.