“No me lo esperaba, pero sucedió una vez más”. Maryna Ferreyra, que xunto co seu marido Sebastián rexenta a xamonería Os Garceiras, non acaba de crer que por segundo ano consecutivo a proposta culinaria saída dos seus fogóns fose a mellor valorada de todas as que se presentaron ao quinto “ Melide de Tapas”.

O caso é que sucedeu, e algo debería ter imaxinado se  é certo como di que “la gente probaba la tapa y yo notaba la satisfacción”. Valeron a pena xa que logo as horas de probas e mesturas de ingredientes ata encontrar a combinación perfecta e os sabores ideais. De aí “Sabores encontrados”, como se chama a  mellor tapa do concurso e a que, polo tanto, recibiu mellores puntuacións tanto dos clientes como do xurado profesional. En segundo e terceiro lugar respectivamente quedaron as tapas do Bar Liñares e da cervexería O Sapo Lambón.

Como é habitual, tamén desta volta houbo varias categorías nas que puntuar, máis non foron as mesmas de sempre. Como novidade, houbo premio para a mellor tapa elaborada con queixo Arzúa- Ulloa. Nesta caso o establecemento vencedor foi o Bar Cire co seu “Espeto tres sabores”. Por detrás quedaron a Cafetería Estilo, en segundo lugar, e o Bar Esquina en terceiro, que non puido conquistar o padal dos comensais nesta categoría pero si na de Tapa Innovadora, onde a orixinalidade e o bo sabor da “Magdalena de Anxo” foi a máis votada. Por detrás quedaron o Bar Cire e o Sapo lambón, que repetiron no podio.

As cociñas e as cabezas dos bares de Melide xa andan a pensar no próximo concurso. Ao remate do verán chegará  de novo o Outono de Tapas!

 

MELLOR TAPA – SABORES ENCONTRADOS

A mellor tapa foi elaborada con pan multicereais, redondo de tenreira, palmitos de Costa Rica, mini-espigas de millo, canónigos, tomates cherry e salsa golf. Trátase dunha tapa fría pensada para o verán e para “montar” no momento, evitando así que os ingredientes perdan frescura e sabor, algo que sucede cando hai que requentalos. O resultado final chegou despois de realizar moitas probas. O éxito da tapa serviralle aos rexentes de Os Garceiras “para coger un nuevo impulso y superarse”.

Os Garceiras

 

TAPA INNOVADORA  –  A ESQUINA

Jesús Peón, propietario do Bar Esquina recoñece que tivo que darlle voltas á cabeza e facer varias probas “encamiñadas á incorporación de novos produtos culinarios” antes de dar coa Magdalena de Anxo, que lle valeu o  premio á Tapa Innovadora. Esta proposta consiste nunha masa de madalena chea de beicon e chourizo e adornada con queixo Arzúa Ulloa. A xeito decorativo, tamén levaba unha piruleta feita con xamón cocido e queixo. Quedou ben alto o     listón para vindeiras edicións. Conseguirá Jesús Peón superarse a si mesmo?

IMG_0782

 

TAPA CON QUEIXO ARZÚA-ULLOA

Héctor López e Óscar Conde acostuman incorporar o queixo Arzúa Ulloa ás tapas que serven no Bar Cire por ser un ingrediente “moi agradecido e polo toque de sabor que dá”. A mestría con este produto fíxose notar no “Espeto tres sabores”, unha tapa onde o queixo ía dentro dun rolo de xamón e se servía acompañado por anacos de pera con vinagre de Módena. Por primeira vez se introduciu esta categoría no concurso e por primeira levou un premio da ruta de Asetem o Bar Cire. Para os seus propietarios supón un recoñecemento “ao tempo que levou pensala” e unha satisfacción “por saber que lle gustou aos clientes”.

Con Queixo Arzúa Ulloa

 

AS RECOMPENSAS DE TAPEAR NOS BARES DE MELIDE

Participar no Melide de Tapas sempre tivo para os clientes unha recompensa a maiores do feito de contentar o bandullo. Esta edición non foi menos e incluso se habilitou un premio especial para os corredores participantes na media maratón Os 21 do Camiño, que coincidiu coa celebración da ruta de tapas. Neste caso a gañadora foi Ana Vilar Iglesias, de Agolada, que poderá gozar dunha sesión  no circuíto termal do Balnerario Río Pambre, en Palas de Rei.

Outro dos premios consistía nunha estancia para dúas persoas, con cea e almorzo incluídos, no Pazo de Eidián (Agolada). Sorteouse entre os clientes que probaron como mínimo a metade das tapas e a afortunada foi unha melidense: Estefanía Martínez.

Ao terceiro agasallo optaron todas as persoas que probaron e votaron as tapas. O ganador foi Adrián Concheiro, que levará unha cesta de produtos cárnicos cedida por Distribuciones O Carrizo e A Tenda de María. Por outra banda, os propietarios dos locais ganadores recibiron un lote de queixos Arzúa-Ulloa.

 

Premio Balneario Premio Pazo de Eidián