O pasado 13 de decembro entrou en vigor unha nova regulamentación sobre o etiquetado alimentario en produtos envasados. Tátase dunha normativa comunitaria na que se establecen unha serie de normas que determinarán a información que deberá aparecer nas etiquetas dos produtos alimentarios envasados. O obxectivo é informar ao consumidor de maneira máis clara e directa sobre os compoñentes e a trazabilidade dos produtos que consumimos.
Este é un breve resumo dos aspectos máis importantes:
1. A letra das etiquetas deberá ser máis grande e lexible.
2. Os posibles compoñentes alérxenos deberán estar ben visibles e utilizar unha tipografía diferente.
3. A información nutricional será obrigatoria para todos os alimentos: enerxía, graxas saturadas, hidratos de carbono, proteínas, azucres e sal débense indicar de maneira agrupada e expresada segundo a porción. Pode ser por 100 gramos ou por 100 miligramos.
4. Datas de conxelación e desconxelación. Haberá que distinguir entre «conxelado en» (que será obrigatorio para carne, produtos de pesca non transformados e produtos cárnicos) e «desconxelado» (para aqueles produtos que foron desconxelados antes de poñelos á venda).
5. Orixe dos produtos. Especificarase tamén o país de procedencia do ingrediente primario.
6. Detallar que tipo de aceite contén. A presenza de graxas «trans» seguirá sen ter que indicarse, á espera de resolución en 2016.
7. Os alimentos que aparentemente están elaborados dun só tipo de carne ou peixe pero que son a suma de varios combinados con outros ingredientes, deben estar especificados.
8. Especificar se o produto foi envasado en atmosfera protectora ou se contén edulcorantes, cafeína, ácido glicirrícico, etc…
9. As bebidas alcohólicas ou refrescos con alcohol de máis de 1,2% terán que especificar o grao alcohólico.
10. Indicación na lista de ingredientes de todos os nanomateriais con funcion de ingredientes.