A Federación de Comercio da Coruña, en colaboración coa Deputación e Asetem, trae a Melide unha campaña de dinamización do comercio a través da que tamén se iniciará aos máis cativos no consumo responsable. Trátase dunha xornada que se realizará o sábado 21 de marzo no Cantón de San Roque e na que se organizarán diferentes obradoiros coa finalidade de concienciar a nenos e nenas sobre a necesidade de mercar con sentido crítico. Baixo o lema «Merca Preto», desenvolverase entre as 10 da mañá e as 2 da tarde un xogo relacionado co consumo no que os participantes terán que superar diferentes probas.
PROBA Nº1. A COMPRA MÁIS INTELIXENTE. VIAXE A UNHA ISLA DESERTA
Cada persoa participante recibirá unha ficha con un listado de materiais e produtos dos que poderán dispoñer. No plantexamento da actividade, ofrecémoslle a posibilidade de facer un concurso de supervivencia a unha illa deserta, para a cal terán que prepararse. Nun primeiro momento, farano de forma individual, e todos dispoñerán do mesmo número de produtos para facer a compra máis intelixente. No caso de que fagan unha mala compra non poderán aguantar a viaxe, posto que se trata dunha viaxe de supervivencia e perderán o concurso.
Como variante desta actividade, cando se xunte un grupo suficiente para, pedirémoslle que traballen en equipo e que poñan en común a súa lista, intentando chegar a un consenso. Cos produtos que xa compraron terán que elixir os máis adecuados para sobrevivir en esa illa todos/as co mesmo número de produtos, polo que a decisión terá que ser grupal.
Trátase dun exercicio de reflexión, no cal é importante que os motivemos e que lle complementemos a actividade cunha explicación realista.
PROBA Nº2. MITOS E LENDAS DO CONSUMO
Nesta parada terán que responder con verdadeiro ou falso unha serie de cuestións ou afirmacións en canto a diferentes temas de consumo:
- CONTAMINACIÓN E IMPACTO AMBIENTAL.
- CONSUMO LOCAL E DE PROXIMIDADE.
- PUBLICIDADE
- RECICLAXE
- CONSUMISMO
Trátase dun exercicio de reflexión, no cal é importante que a complementemos con explicacións dos datos reais sobre esas temáticas.
PROBA Nº3. O Abc DAS MARCAS
Este punto do xogo traballará a memoria e a axilidade mental dos/as participantes. A partires dunha letra terán que nomear diferentes marcas relacionadas con obxectos e produtos da vida cotiá.
LETRA | PRODUTOS ALIMENTICIOS | XOGUETES | PRODUTOS ELECTRÓNICOS | COCHES |
ROUPA |
A |
Azucarera | ABC | Apple | Audi |
Adidas |
Si algunha persoa non é capaz de atopar todas as palabras non é imprescindible para avanzar no percorrido do xogo, o importante é a reflexión das marcas e o concepto marca blanca.
PROBA Nº4. O SLOGAN
Nesta actividade os/as nenos/as terán identificar e unir os diferentes slogans co seu correspondente produto, coa finalidade de ver as técnicas de marketing e falsa publicidade, así como o impacto que esta crea en nos.
SLOGAN |
PRODUTO |
Hola, soy Edu, feliz Navidad |
Airtel ( compañía de teléfonos) |
¿21 € por un café? |
Lotería y apuestas del estado 2015 |
Buscarase que coñezan o produto ou a finalidade do mesmo para seguir traballando a influencia das campañas publicitarias no noso subconsciente.
PROBA Nº5. OS LOGOTIPOS
Nesta parte da proba, os nenos e nenas terán que recoñecer diferentes logos e a marca á que representan.
LOGO |
PRODUTO |
BATMAN |
Intentamos mostrar a importancia das imaxes e a memoria asociativa na publicidade, no comercio e no consumo.
PROBA Nº6. E ISTO… PARA QUE SIRVE?
Para superar esta dinámica, entregarémoslle diferentes utensilios ou obxectos que de por si mesmos teñen un uso pero que terán que buscarlle o maior número de utilidades posibles sen que teñan nada que ver coa utilidade real.
PRODUTO |
UTILIDADES |
Caixa |
Cohete, casa, mesa, banqueta, tambor, xoieiro, cama, … |
Traballar a habilidade mental, a creatividade e o concepto de reutilizar obxectos que xa cumpriron a súa finalidade inicial.
OBRADOIROS DE CREACIÓN
- A TÚA BOLSA DA COMPRA:
Para finalizar a actividade, cada nenos/a poderá crear a súa propia bolsa da compra a cal será duradeira e de moitos usos, para que poidan empregar no seu uso diario.
Na creación da mesma, poderán pintala e decorala ao seu gusto.
- CHAPA PERSONALIZADA de Compro con Gusto
De xeito simultáneo e complementario, cada neno/a creará a súa propia chapa de compro con gusto, acadando así o pasaporte de bo/a consumidor/a.