A sexta edición do concurso Melide de Tapas, que se celebrou entre os días 24 de xullo e 2 de agosto coa participación de 14 locais hostaleiros da vila, xa ten gañadores: Casa Estilo e Parrillada Pilmar. Este é o resultado das deliberacións do xurado profesional e dos votos emitidos polo público, que se deron a coñecer na tarde de onte nas oficinas da Asociación de Empresarios Terra de Melide.

En concreto, a tapa presentada por Casa Estilo, denominada Berbequecho, foi a favorita do xurado profesional, que lle outorgou unha puntuación de 104 puntos sobre un máximo de 120. O segundo posto foi para o Saltamontes, de Parrillada Pilmar, que obtivo tan só un punto menos, 103. En terceiro lugar o xurado situou a Filloa Taboada, de Pulpería Taboada, cunha puntuación de 99 puntos. En cuarto posto quedou a tapa de Xebre, no quinto a do Bar Godiva e no sexto a da Fundación.

Por outra banda, tamén se entregaron os premios correspondentes ao votos emitidos polos clientes durante os dez días de concurso. Neste caso, a tapa favorita do público foi a elaborada por Parrillada Pilmar, que obtivo unha nota  de 2,974 sobre 3. En segundo lugar quedou a tapa de Pulpería Taboada, cun 2,965 e o terceiro posto foi para a Larpeirada presentada pola Tenda Xebre. Tivo unha puntuación de 2,964. En cuarto, quinto e sexto posto quedaron respectivamente as tapas de Casa Estilo, Cafetería Cire e Casa Alongos.

Estilo Xurado

Pilmar público

Taboada público

Xebre

 

 

As tapas ganadoras

Berbequecho, a proposta de Casa Estilo, é unha tapa composta por queixo de cabra, berberecho e albahaca sobre unha tosta de pan con tomate. Na súa elaboración Alberto Rodríguez, creador do petisco, buscou “realzar o sabor do mar”. De aí que o berberecho fose o protagonista da tapa: “queríamos que tivese sabor e potencia”, comentou o responsable de Casa Estilo pouco despois de recoller o premio. É por iso que un dos segredos da tapa foi  “abrir o molusco poucos segundos antes de servilo”. A isto sumóuselle “o toque fresco da albahaca” e o contraste dun “sabor forte” como o do queixo de cabra.

No caso de Parrillada Pilmar, que participaba por primeira vez no concurso, a tapa consistiu nunha pata de coello á brasa con tomiño sobre crema de queixo Arzúa-Ulloa e tomate Cherry. Segundo conta o responsable do negocio, José Manuel Mariño, decidiu enfocar a tapa “ao que mellor se nos dá no local, que é a carne á grella”.

 

Pastelería Estilo. Berbequecho                                Parrillada Pilmar. Saltamontes

 

 

Repercusión nas redes sociais

Durante os 10 días de concurso os establecementos participantes venderon 2.300 tapas. Segundo os datos da organización e as papeletas de votación recollidas, os locais que máis petiscos repartiron foron, por esta orde, Pulpería Taboada, Casa Alongos e Casa Estilo.

O Melide de Tapas tamén tivo unha notable repercusión nas redes sociais, con máis de 250.000 impactos en Twitter e unha audiencia estimada de 40.000 persoas.

 

 

Premios para os clientes

Ademais de dar a coñecer o nome das tapas gañadoras, Asetem e Elemental Chefs tamén sortearon oito premios entre os clientes que participaron na ruta. As persoas ganadoras foron as seguintes:

  • Noite no Pazo de Eidián, na Agolada

Titular: Begoña Val Salgado (A Coruña)

Suplente: Ramira (Melide)

 

  • Noite no Hotel Louxo, na Illa da Toxa (por cortesía de Galicia Calidade)

Titular: Jose Luis Pedreira Cao (A Coruña)

Suplente: Daniel Blanco Ayude (Melide)

 

  • Lote de produtos de Bodegas Mejuto

Titular: Gloria Galego (Melide) – Tapa consumida en Restaurante Novo Continente

Suplente: Noela Freire (Melide) – Tapa consumida en Cafetería Estilo

 

  • Lote de produtos de Casa Alongos

Titular: Paula Fernández (Lugo) – Tapa consumida en Casa Alongos

Suplente: Xián Bo (Melide) – Tapa consumida en Xebre

 

  • Lote de produtos da D.O. Protexida Arzúa-Ulloa

Titular: Lorena Fisteus (Melide) – Tapa consumida en Bar Godiva

Suplente: Nieves Labandeira (Portugalete) – Tapa consumida en Cafetería Estilo

 

  • Segundo Lote de produtos da D.O. Protexida Arzúa-Ulloa

Titular: Mónica Sexto (Melide) – Tapa consumida en Restaurante Novo Continente

Suplente: Rafael Sánchez (Melide) – Tapa consumida en Cafetería Estilo

 

  • Lote de produtos de Cárnicas García

Titular: Stephanie García – Tapa consumida en Casa Alongos

Suplente: José Luis Barrio (Melide) – Tapa consumida en A Fundación

 

  • Botellas de Vermú Nordesía

Titular: Teresa Ramiro (Culleredo) – Tapa consumida en Cafetería Breogán

Suplente: Sergio Devesa (Melide) – Tapa consumida en Cafetería Estilo