A Fundación Tripartita para a formación no emprego acaba de abrir o prazo de inscrición dun curso online centrado nas técnicas de venda a través de internet.
Baixo o título “Innovación no proceso de venda: comercio electrónico e xestión de redes”, dará comezo na última semana de outubro e terá unha duración de 160 horas. O curso está dirixido a desempregados e a traballadores en activo do sector comercial que desexen mellorar os seus procesos de marketing e vendas aproveitando as posibilidades que brinda internet. Toda a formación será impartida a distancia e as persoas participantes terán á súa disposición licenciados expertos no tema que farán a función de titores. Ao remate do curso o alumnado recibirá un diploma acreditativo expedido pola Confederación Española de Comercio.
A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do seguinte enlace:
http://noainnova.com/CEC/InnovacionEnElProcesoDeVenta#inscripcion
Para consultar dúbidas ou solicitar máis información, deberase chamar ao 982 804 524 ou dirixirse á dirección de correo electrónica formación@noainnova.com
CURSO SOBRE INNOVACIÓN NO PROCESO DE VENDA
OBXECTIVO -Adquirir as habilidades e técnicas innovadoras necesarias para a mellora do proceso de venda a través das redes sociais e internet. COMPETENCIAS – Determinar os aspectos, elementos e características necesarias para a creación dunha tenda virtual de forma innovadora. |
CONTIDOSMÓDULO 1. COMERCIO ELECTRÓNICO/ E-COMMERCE
1. Fundamentos de comercio electrónico
MÓDULO 2. ADMINISTRACIÓN DE CLIENTES 1. Administración de usuarios relacionados (CRM) e servizos online
MÓDULO 3. COMMUNITY MANAGER 1.As redes sociais
MÓDULO 4. GOOGLE ADWORDS 1. Introdución ás ferramentas de Google
MÓDULO 5. INNOVANDO O USO DE INTERNET NA RELACIÓN COS CLIENTES 1. Creación dunha tenda virtual en Facebook |