AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL (DOGA 247 DO 29/12/2015)
Prazo: dende o 4 de xaneiro ao 16 de decembro de 2016.
Beneficiarios: Pemes con centro de traballo en Galicia e que cumpran outros requisitos de actividade e financiación.
No caso de actividades vinculadas ao turismo, os proxectos subvencionables limitaranse aos de ampliación dun establecemento existente ou cambio substancial do establecemento, salvo que se trate de proxectos de creación dun novo establecemento para actividades de turismo activo, balnearios ou talasos.
Esta axuda ten dúas liñas:
.- LIÑA DE AXUDA AO INVESTIMENTO EN EQUIPOS PRODUTIVOS:
Obxectivo: proxectos dirixidos a investimentos en maquinaria e outros bens de equipamento para ampliacións de capacidade, diversificación da produción ou cambio esencial no proceso de produción dun establecemento existente.
O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 euros e inferior a 900.000 euros.
Contía: Poderá chegar ata o 20% dos investimentos en pemes e ata o 10% en medianas empresas.
.- LIÑA DE AXUDA A INVESTIMENTOS XERADORES DE EMPREGO
Obxectivo: proxectos dirixidos a investimentos en obra civil, maquinaria e outros bens de equipamento para a creación dun novo establecemento ou ampliación dun xa existente que presentan un elevado potencial de creación de emprego directo e indirecto.
O proxecto deberá cumprir algún dos seguintes parámetros:
- Investimento subvencionable igual ou superior a 150.000 euros e inferior a 900.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios, e o mantemento do emprego.
- Investimento subvencionable igual ou superior a 50.000 euros e inferior a 150.000 euros, sempre e cando supoña unha creación neta de emprego fixo ligado ao investimento, cuxo custo salarial para o período dun ano, dos postos de traballo a crear, alcancen un importe comprendido entre 150.000 euros e 900.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.
- Investimento subvencionable igual ou superior a 900.000 euros e inferior a 2.000.000 euros, sempre e cando leven consigo a creación de emprego fixo.
Contía: Poderá chegar ata o 35% dos investimentos en pemes e ata o 25% en medianas empresas.
(Información elaborada por CC Xestión)