SUBVENCIÓNS PARA O PAGAMENTO DE PARTE DA FACTURA ELÉCTRICA

Obxecto: subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados (grao maior do 33%) cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano).

Beneficiarios: persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados e teñan un gasto derivado do subministro de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual.

Prazo de solicitude: dende o 15 de xaneiro ao 31 de xullo de 2016.

Contía: Importe que se xustifique e como máximo 180 euros (300 euros no caso de familias numerosas).

 

SUBVENCIÓNS PARA RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA

Obxecto: fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica, acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios, cos conseguintes aforros en termos económicos.

Beneficiarios: particulares ou comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e  edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de solicitude: 20 de xaneiro a 20 de abril de 2016

Axuda: 40% dos custos totais que serán como máximo 55 €/m2

Data límite para a xustificación e finalización do proxecto: 14 de novembro de 2016

 

SUBVENCIÓNS PARA RENOVACIÓN DE FACHADAS E CUBERTAS DE LOUSA

Obxecto: fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa, acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios, cos conseguintes aforros en termos económicos.

Beneficiarios: particulares ou comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de solicitude: 20 de xaneiro a 20 de abril de 2016

Axuda: 40% dos custos totais que serán como máximo 70 €/m2

Data límite para a xustificación e finalización do proxecto: 14 de novembro de 2016

 

SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DE FACHADAS CON GRANITO

Obxecto: fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente a vez que se mellora a eficiencia enerxética.

Beneficiarios: particulares ou comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de solicitude: 20 de xaneiro a 20 de abril de 2016

Axuda: 40% dos custos totais que serán como máximo 12.000 euros por vivenda illada, e 40.000 euros por edificio de vivendas en bloque.

Data límite para a xustificación e finalización do proxecto: 14 de novembro de 2016

 

AXUDA PLAN RENOVE DE FIESTRAS

Obxecto: axudas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos.

Prazo de solicitude:

.- Entidades colaboradoras: 5 días hábiles dende o 1 de febreiro de 2016 inclusive.

.- Particulares: dende o 1 de marzo ao 30 de setembro de 2016

Solicitudes obrigatoriamente nas empresas instaladoras (entidades colaboradoras)

Axuda máxima: 3.000 euros por vivenda e como máximo 50.000 euros por edificio.

 

AXUDA PLAN RENOVE DE ASCENSORES

Obxecto: axudas para incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de solicitude: 20 de xaneiro a 20 de abril de 2016

Axuda máxima: 50% dos gastos subvencionables e como máximo 10.000 euros por ascensor e 20.000 euros por comunidade.

Os gastos deben facerse entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2016. Non son subvencionables proxectos de menos de 5.000 euros.

 

AXUDAS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

Obxecto: apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, aerotérmica ou a solar térmica.

Prazo de solicitude: 15 de xaneiro a 15 de febreiro de 2016

Axuda:

.- 50% para particulares, entidades sen ánimo de lucro e pemes.

.- 40% para medianas empresas

Como máximo de axuda por proxecto son 50.000 euros para xeotérmica e 20.000 euros para aerotérmica e solartérmica.

Prazo para a execución: ata o 15 de outubro de 2016

 

TARXETA DE BENVIDA PARA AS FAMILIAS QUE TEÑAN FILLOS NO 2016

Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.

A axuda consistirá nunha tarxeta benvida polo importe de 1.200 euros para ser usada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.

Prazo de solicitude: 2 meses dende o nacemento.

 

(información elaborada por CC Xestión)