A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem) continúa coa liña de sinatura de convenios con empresas de diferentes sectores para lograr condicións vantaxosas para os seus socios e contribuír á redución de gastos.
Desta volta a directiva da patronal melidense vén de asinar un acordo con Vodafone a través do cal os establecementos asociados poderán acceder a diferentes descontos, que se aplicarán en función do número de liñas e servizos contratados:
– Aqueles negocios que teñan menos de 9 (incluíndo o teléfono fixo e ADSL), poderán beneficiarse dunha rebaixa do 20% durante tres meses. No caso de que só teñan liñas móbiles, o desconto será do 25% durante seis meses.
– Os negocios con máis de 9 liñas ou servizos contratados terán como mínimo un 10% de desconto no total da facturación e por tempo indefinido.
As condicións recollidas neste convenio, que foi asinado grazas á intermediación de Mofitel Telecomunicaciones, aplicaránselle de xeito automático aos clientes que contraten os seus servizos con Vodafone e aos que renoven as súas condicións actuais. Esta liña de descontos foi creada especificamente por dita compañía telefónica para asociacións empresariais e comerciais. A eles só poderán acceder os establecementos que estean asociados a Asetem.
Os empresarios e comerciantes interesados en contratar os servizos ou obter máis información deben dirixirse a Daniel Gómez, xefe de equipo de Mofitel Telecomunicaciones, a través do número de teléfono 697 833 221.