Xa está en marcha a segunda edición de “Unha voltiña por Melide”, a campaña de dinamización comercial posta en marcha por Asetem a través da cal grupos de turistas do Imserso aloxados no Balneario Río Pambre pasan unha tarde de lecer e compras na vila. Tralo éxito acadado en 2015, o pasado 26 de abril retomouse este programa coa chegada da primeira expedición de visitantes. Ata o 20 de decembro virán un total de 23 grupos, que sumarán no seu conxunto máis de 500 persoas. Os visitantes son trasladados nun autobús fretado polos 25 establecementos asociados a Asetem que colaboran con esta iniciativa. Durante o traxecto entrégaselles un tríptico con información dos comercios participantes e dos principais lugares de interese.
Entradas recientes
- CERNE 178 – DECEMBRO 2020
- Uns 70 establecementos participan na campaña de Nadal da Asetem
- CERNE 177 – NOVEMBRO 2020
- Ata o 20 de novembro os socios da Asetem poden inscribirse na XXII campaña ‘Este Nadal Toca en Melide’
- Remata co sorteo dos premios a campaña da Asetem-CCA, Contigo Somos, Contigo Seremos, na que se validaron un total de 35 álbums