1. Normativa aplicable

ORDE Do 27 de maio de 2016, publicada no DOG el 8 de xuño de 2016, polo que se regula o exercicio do dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións xerais ao Congreso e ao Senado convocadas para o día 26 de xuño de 2016.

 

  1. Empresas afectadas

2.1. Con traballadores/as votantes: afecta só a aquelas nas que se traballe o próximo domingo 26 de xuño, de la seguinte maneira:

a) Cando a xornada de traballo non coincida co horario de apertura dos colexios electorais ou exista unha coincidencia inferior a 2 horas: non hai que dar permiso.

b) Se esa coincidencia é de máis de 2 horas e menos de 4: o permiso ha de ser de 2 horas.

c) Se a coincidencia é de máis de 4 horas e menos de 6: o permiso ha de ser de 3 horas.

d) Se a coincidencia é de 6 ou máis horas: o permiso é de 4 horas.

e) En todos os supostos anteriores, cando, por tratarse de traballadores/as contratados a tempo parcial realicen una xornada inferior á habitual, a duración do permiso antes sinalado reducirase en proporción á relación entre a xornada de traballo que desenvolvan e a xornada habitual das persoas contratadas a tempo completo.

f) Todos os permisos son retribuídos.

g) A determinación concreta do momento de utilización das horas de permiso para a votación é facultade das empresas conforme á organización do traballo.

h) Estas teñen dereito a solicitarlle aos traballadores/as o xustificante de ter votado expedido pola mesa electoral.

 

2.2. Con traballadores/as membros das mesas electorais e interventores dos partidos políticos: pode afectar a calquera empresa, do seguinte xeito:

a) Se o 26 de xuño non fora o día de descanso semanal: o permiso será a xornada completa dese día máis 5 horas da xornada laboral do día seguinte (27 de xuño).

b) Se el 26 de xuño fora o día de descanso semanal: terán dereito ao permiso das 5 primeiras horas da xornada laboral do día seguinte (27 de xuño).

c) Se algún dos traballadores/as aos que se refiren os apartados anteriores tivese que traballar na quenda de noite da data inmediatamente anterior ao día da votación, a empresa cambiaralle a quenda para que poida descansar esa noite.

 

2.3. Permisos para os traballadores/as que sexan apoderados/as:

a) Permiso de toda a xornada del 26 de xuño se ese día non gozan do seu descanso semanal.

b) Non teñen dereito ao permiso de 5 horas da xornada laboral do día seguinte.

 

  1. Permiso para votar por correo

No  suposto de traballadores/as que teñan previsto que na data da votación no vaian estar na localidade onde lle corresponda exercer o seu dereito ao voto ou que non poidan exercelo no día das eleccións, disporán, no seu horario laboral, de ata 4 horas libres, do mesmo xeito que se establece no punto 2.1