Beneficiarias e requisitos comúns:

Empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade ou formalicen os seus plans Innova ou Activa, entre o 01/01/2015 e o 01/08/2016, microempresa ou pequena empresa calquera que sexa a súa forma xurídica. A administración da empresa  ten que exercela unha muller e o capital social estar maioritariamente subscrito por mulleres (pequenas empresas) e integramente subscrito por mulleres (microempresas).

As promotoras deben estar de alta na Seguridade Social, desenvolvendo a súa actividade profesional na empresa de forma habitual.

Investimento mínimo en inmobilizado material ou intanxible, nas Liñas Emprende, Innova e Activa,  de 1.000 € (3.000 € na liña ITEF), se incluír o IVE, agás cando non sexa susceptible de recuperación.

Prazo de solicitude: ata o 01/08/2016

 

Liñas de Axuda:

LIÑA EMPRENDE

  • Beneficiarias e requisitos:

Empresas de nova creación, que inicien a súa actividade entre o 01/01/2015  e o 01/08/2016.

Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras; que deben estar desempregadas durante un período mínimo de 1 mes inmediatamente anterior á data de inicio da actividade laboral. No caso de empresas constituídas por máis de unha promotora, a condición de desempregada deberá cumprirse polo 50% das promotoras, como mínimo.

  • Contía:

Entre 12.000 e 22.000 €, segundo o número de postos de traballo para mulleres que se creen.

 

LIÑA INNOVA

Dirixido a empresas constituídas por mulleres que acrediten a realización efectiva da actividade empresarial entre 2 e 5 anos. Deben presentar un proxecto de mellora que supoña a creación, como mínimo, de un posto de traballo para unha muller, de capacitación profesional media ou superior, por un período mínimo de 2 anos.

O proxecto de mellora levarase a cabo entre o 01/01/2015 e o 31/10/2016 e deberá materializarse nalgunha das seguintes accións:

.- Desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos, ou mellora dos existentes.

.- Aplicación de novas fórmulas de produción ou distribución.

.- Diversificación da produción e/ou ofertas de produtos ou servizos.

.- Reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos ou servizos innovadores ou de especial singularidade.

  • Contías:

Entre 15.000 e 22.000 euros, segundo os postos de traballo para mulleres que se creen.

 

LIÑA ACTIVA

Dirixido a empresas que acrediten a realización efectiva da actividade empresarial por un período mínimo de 3 anos e que presenten un proxecto de reactivación para o mantemento do emprego. Deberán manter ou incrementar o número de postos de traballo por conta propia ou allea preexistentes.

  • Contías:

Entre 6.000 e 18.000 euros, segundo o número de postos de traballo para mulleres.

 

LIÑA ITEF

Poderán acollerse a esta liña empresas de nova creación con un proxecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía; que inicien a actividade entre o 01/01/2015 e o 01/08/2016. A promotora ou unha delas, como mínimo, deberá ter titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecnoloxía.

  • Contía: Entre 18.000 e 50.000 euros, segundo os postos de traballo para mulleres que se creen.

 

CONCILIA

Axuda complementaria das liñas anteriores, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar. Modalidades:

.- Concilia-Promotora. Incentivo de 3.000 euros por empresa, cando algunha promotora teña fillos menores de 3 anos.

.- Concilia-Persoas Traballadoras. Incentivo de 1.000 euros por traballadora (5.000 € por empresa), no caso de formalización de acordos ou pactos de conciliación para o persoal asalariado ou acordos de teletraballo.

 

DUAL

Axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para a participación das promotoras no programa de titorización, da Secretaría Xeral de Igualdade.

  • Contía: 500 € por empresa.

 

INFORMACIÓN ELABORADA POR CCXESTIÓN (R/ Otero Pedrayo, 10 – Melide   / Tlf:  881 973 307)