O salón de actos de Asetem acollerá o vindeiro  martes 15 de novembro un curso gratuíto sobre sobre comercio electrónico e redes sociais para o comercio minorista. O obxectivo deste módulo, impartido a través da Cámara de Comercio de Santiago, é dar unha visión de conxunto dos resultados que se poden obter coa venda online así como das alternativas que ofrecen as novas tecnoloxías.

Os contidos comezarán abordando a necesidade de vender en internet para logo presentar diferentes estratexias e plataformas gratuítas e de baixo custo para facelo. Tamén se explicará como facer un plan de marketing online e un plan de contidos para as redes sociais. As explicacións acompañaranse dunha presentación en Power Point e de exemplos e casos prácticos de éxito de diferentes empresas que se lanzaron á venda online.

O curso dará comezo ás 16:30 e terá unha duración de catro horas. Está dirixido a propietarios de negocios, empregados, emprendedores e persoas interesadas en xeral. Será impartido por Javier Rocamora, consultor e formador en marketing online, comunicación, liderazgo e xestión de equipos. As prazas son limitadas polo que a admisión se fará por orde de inscrición, a cal se pode completar poñéndose en contacto con Asetem.