SUBVENCIÓNS PARA INCENTIVAR O EMPREGO AUTÓNOMO E A CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL (SNGX)

(DOGA Nº 148 DO 4  DE AGOSTO DE 2017)

Programa I: Promoción do emprego autónomo de persoas mozas inscritas no SNGX

Requisitos: Causar alta como traballador por conta propia, entre o 01/10/2016 e o 30/09/2017. É requisito para optar a esta axuda estar de alta na data da solicitude da mesma.

Contía: 4.000 € que se pode incremertar nun 25%, acadando así un máximo de 8.000 euros, nos seguintes casos:

  • A solictante é muller.
  • O solicitante ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
  • O solicitante pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
  • O centro de traballo está situado nun concello rural.

Prazo solicitude: dende o 5 de Agosto ata o 30 de setembro

Obrigas: Exercer a actividade 2 anos.

Programa II: Incentivos a empresas que realicen unha contratación temporal ou unha transformación en indefinico dun contrato temporal subvencionado ao abeiro deste programa, con persoas mozas inscritas no SNGX.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa:

  • A contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no SNGX, contratadas desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017.
  • A nova contratación debe incrementar o cadro de persoal dixo da empresa, así como o emprego neto da mesma.

Contía: mínimo 7.000 euros podendo chegar a 14.000 euros segúndo as características da persoa contratada.

Obrigas: manter o posto de traballo 2 anos.

  • A  contratación temporal e a súa transformación en indefinidos dos contratos temporais das persoas mozas inscritas no SNGX feitos desde o 1 de outubro de 2016 e subvencionados ao abeiro deste programa, sempre que a súa transformación se formalice ata o 30 de setembro de 2017.

O contrato temporal debe incrementar o emprego neto da entidade solicitante e terá unha duración mínima inicial superior a 3 meses.

Contía: mínimo 250 euros por mes completo de duración do contrato temporal podendo chegar a 7.200 euros segúndo o tipo de contrato.

Para a transformación de contratos temporais a contía vai dende 2.500 euros ata 5.000 euros.

Obrigas: manter o posto de traballo 2 anos no caso de transformación a indefinidos e nos temoorais manter o cadro de persoal no período de duración do contrato obxecto da subvención.