A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxo en funcionamento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe.
Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral de todos os galegos e galegas. Trátase de recoñecer os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional, obtendo unha acreditación oficial con validez en todo o Estado, e un plan de formación á medida.
Convocatoria
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia a Orde de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais no marco do programa Acredítate, que está recollido na páxina web da Xunta. En dita páxina figuran os requisitos de participación no procedemento para acreditar as competencias, así como os documentos necesarios para xustificar o historial profesional e/ou formativo. O prazo para presentar a solicitude de inscrición vai dende o 10 de xaneiro ao 2 de febreiro, incluídos. Destacar que un dos profesores do IES de Melide colabora dende hai anos no programa Acredítate.
Procedemento de avaliación de competencias
A. Fase I.- Asesoramento. Nesta fase un asesor axuda a recompilar todas as probas que se poidan achegar para defender a competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados oficiais de estudos, cursos, refernecias, informes e certificados dos empregadores. Tamén se realizará un test de autoavaliación.
B.Fase 2.- Avaliación das competencias profesionais. A comisión de avaliación utilizará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación que se achegue no paso anterior. Estes métodos poden ser, entre outros, observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou entrevista profesional.
C.Fase 3.- Acreditación e rexistro das competencias. Logo de superar o proceso de avaliación obterase unha acreditación de cada unidade de competencia nas que se demostra a competencia profesional.