CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS-GALICIA RURAL EMPRENDE. (DOG 18 DO 25/01/2018)
Proxectos de creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias. Os proxectos non deben estar empezados antes da solicitude da axuda.
Beneficiarios: Titulares de explotacións agrarias, ou membros da unidade familiar destes, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas; pemes de nova creación ou que inicien unha actividade distinta; e persoas físicas que residan nunha zona rural, ben para crear unha nova empresa, ben para iniciar unha nova actividade na empresa existente.
Obrigas: manter a inversión ligada ao proxecto e mantemento de emprego de 3 anos.
Contía: 20.000 euros, incrementable segundo a inversión realizada, o número de persoas empregadas e localización do proxecto, podendo chegar a 70.000 euros.
Prazo: ata o 25/03/2018.