PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS  AUTÓNOMAS. CONVOCATORIA 2018

(DOG 105, DO 4 DE XUÑO 2018)

Beneficiarios: Traballadores autónomos cunha antigüidade na actividade empresarial ou profesional ininterrompida de 42 meses anteriores á solicitude, que teñan un rendemento neto reducido de actividades económicas inferior a 30.000 euros (segundo o IRPF 2017) e unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) no citado exercicio.

Bono: 80% da actividade subvencionada con un máximo de 3.000 €, en pagamento anticipado.

Liñas:

  1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos, entre outros: Investigación de mercado, plan de márketing, plan de comunicación do negocio, plan de crecemento…
  2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: maquinaria, ferramentas, reforma do local, equipos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web, e creación de logotipo do negocio.

Prazo: Ata o 4/07/2018

OUTRAS AXUDAS DE INTERESE:

  • AXUDAS PARA AMPLIAR A REDUCIÓN DAS COTAS DA SEGURIDADE SOCIAL PARA A CONSOLIDACIÓN DO TRABALLO AUTONOMO, ANO 2018

(DOG 92, DO 15 DE MAIO DE 2018)

Obxecto: Axudas a persoas traballadoras autónomas, que causasen alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos antes do 1 de xaneiro de 2018 para manter a tarifa plana de 50€ de cuota de autónomos durante os seis meses seguintes ao remate da tarifa plana estatal.

Beneficiarios: Persoas traballadoras que estean de alta no réxime de autónomos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018, e que estean ou estivesen acollidos a tarifa de 50 €.

Requisitos: Rematar a tarifa de 50€ no exercicio 2018, realizar a actividade en Galicia e manter as condicións que deron lugar a esta tarifa de autónomos.

Contías: O importe de cotización entre os 50 € da tarifa plana, e o que se pagaría de cuota de autónomos os 6 meses seguintes ao remate da tarifa plana estatal, calculados sobre a base mínima de cotización.

Incompatibilidades: Esta axuda é incompatible con calquer axuda de incio de actividade, entre elas coa de promoción de emprego autónomo, programa emega, etc.

Prazo: Ata o 31/07/2018

  • AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN POR MATERNIDADE OU PATERNIDADE DA PERSOA TRABALLADORA ANUTÓNOMA

(DOG 92, DO 15 DE MAIO DE 2018)

Beneficiarios: autónomos que nos 15 días seguintes ao remate da baixa por maternidade ou paternidade contraten a unha persoa por conta allea. Tamén serve para sociedades con respecto aos autónomos societarios.

Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 1 de novembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

Contías: 100% da cuota empresarial da Seguridade Social da persoa contratada durante un máximo de dezaseis semanas.

Prazo: Contratacións feitas entre o 1 de novembro e o 15 de maio: ata o 15 xullo

Contratacións feitas dende o 16 de maio: un mes dende a contratación