AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA.

(DOG 127, DO 04/07/2018)

Beneficiarias e requisitos xerais: Empresas privadas, constituídas por mulleres, que inicien a súa actividade ou formalicen os seus plans Innova ou Activa, entre o 01/09/2017 e o 06/08/2018, microempresas ou pequenas empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, cando a administración da empresa sexa exercida por mulleres e o capital social estea maioritariamente subscrito por mulleres (pequenas empresas) e integramente subscrito por mulleres (microempresas). As promotoras deben estar de alta na Seguridade Social, desenvolvendo a súa actividade de forma habitual.

Liñas de axuda:

LIÑA EMPRENDE

Dirixido a empresas de nova creación, que inicien a súa actividade entre o 01/09/2017  e o 06/08/2018.

Entre outros requisitos, ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras; desempregadas durante un período mínimo de 1 mes inmediatamente anterior á data de inicio da actividade. No caso de empresas constituídas por máis de unha promotora, a condición de desempregada deberá cumprirse polo 50% das promotoras, como mínimo.

Contía: Entre 8.000 e 20.000 €, segundo o número de postos de traballo para mulleres que se creen.

LIÑA INNOVA

Para empresas que acrediten a realización efectiva da actividade empresarial entre 2 e 5 anos. Deben presentar un proxecto de mellora que supoña a creación, como mínimo, de un posto de traballo para unha muller, de capacitación profesional media ou superior, por un período mínimo de 2 anos.

O proxecto de mellora levarase a cabo entre o 01/09/2017 e o 15/11/2018 e deberá materializarse nalgunha das seguintes accións:

.- Desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos, ou mellora dos existentes.

.- Aplicación de novas fórmulas de produción ou distribución.

.- Diversificación da produción e/ou ofertas de produtos ou servizos.

.- Reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos ou servizos innovadores ou de especial singularidade.

Contía: Entre 12.000 e 20.000 euros, segundo os postos de traballo para mulleres que se creen.

LIÑA ACTIVA

Dirixido a empresas que acrediten a realización efectiva da actividade empresarial por un período mínimo de 3 anos e que presenten un proxecto de reactivación para o mantemento do emprego e para asegurar o equilibrio empresarial. Deberán manter ou incrementar o número de postos de traballo por conta propia ou allea preexistentes.

O proxecto deberá materializarse no período comprendido entre o 01/09/2017 e o 15/11/2018.

Contía: Entre 6.000 e 15.000 euros, segundo o número de postos de traballo para mulleres.

LIÑA ITEF

Poderán acollerse a esta liña empresas de nova creación con un proxecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía; que inicien a actividade entre o 01/09/2017 e o 06/08/2018. A promotora ou unha delas, como mínimo, deberá ter titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecnoloxía.

Contía: Entre 16.000 e 40.000 euros, segundo os postos de traballo para mulleres que se creen.

CONCILIA

Axuda complementaria das liñas anteriores, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar. Modalidades:

.- Concilia-Promotora. Incentivo de 3.000 euros por empresa, cando algunha promotora teña fillos menores de 3 anos.

.- Concilia-Persoas Traballadoras. Incentivo de ata 5.000 euros, segundo o tipo de pacto de conciliación ou acordos individuais de teletraballo e o número de traballadores afectados.

DUAL

Axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para a participación das promotoras no programa de titorización, da Secretaría Xeral de Igualdade.

Contía: 500 € por empresa.

Prazo de solicitude, para todas as liñas: Ata o 06/08/2018

 

PROGRAMA A PROL DA CONTRATACIÓN E DA FORMACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS

(DOG 122, DO 27/09/2018)

Tipos de axuda:

BONO CONTRATACIÓN: Contratacións indefinidas iniciais con mulleres desempregadas, realizadas entre o 01/01/2018 e o 30/09/2018, a tempo completo ou parcial (neste caso, mínimo 50% da xornada); que supoñan un incremento do nivel de emprego neto e do cadro de persoal fixo da empresa con respecto á media dos 3 meses anteriores.

Contía: 7.000 €, podendo acadar os 12.250 € por muller desempregada contratada, segundo o colectivo.

Obrigas, entre outras: manter ás traballadoras subvencionadas na empresa, así como o número de traballadores fixos, durante 2 anos.

BONO FORMACION, de unha duración mínima de 50 horas, ao cal asista integramente a muller traballadora subvencionada co Bono Contratación, para mellorar a súa capacitación en contidos relacionados co posto de traballo.

Contía: 1.000 € por cada participante.

Beneficiarios: Empregadores e empresas, calquera que sexa a forma xurídica.

Prazos de solicitude: Para as contratacións realizadas entre o 01/01/2018 e o 27/06/2018, ata o 27/08/2018. Contratacións realizadas dende o 28/06/2018, o prazo de solicitude será de 2 meses dende a contratación, máximo ata o 30/09/2018.

 

AXUDAS A NOVOS EMPRENDEDORES, NO MARCO DO PROGRAMA FEDER GALICIA 2014-2020

(DOG 120, DO 25/06/2018)

Obxecto: Creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores e ampliación das xa existentes, que conten con unha antigüidade de ata 42 meses, entre outros requisitos; que vaian realizar un investimento subvencionable (non iniciado) entre 25.000 e 500.000 euros.

Conceptos subvencionables: Obra civil, bens de equipamento, transporte interior, activos inmateriais, gastos de investigación e desenvolvemento, canons, aluguer de inmobles, entre outros e con limitacións e exclusións sectoriais.

Contía: Con carácter xeral ata o 20% do investimento (ata o 30% no caso de pequena empresa), agás para certos conceptos subvencionables que teñen limitacións propias.

Prazos: Convocatoria 2018.1; ata o 27/07/2018. Convocatoria 2018.2, dende o 30/07/2018 ata o 25/10/2018.

 

PROGRAMA DE REMUDA XERACIONAL DOS NEGOCIOS

(DOG 118, DO 21/06/2018)

Beneficiarios:

.- Autónomos (e autónomos societarios que conten coa maioría do capital), que transmitan o seu negocio por cese na actividade e se atopen nalgunha destas situacións: ter 63 ou máis anos; obter una incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez; ou herdeiros por falecemento do autónomo titular do negocio.

.- O adquirente do negocio que cause alta en autónomos.

Contía: Con carácter xeral, 100% dos gastos de asesoramento, co máximo de 1.000 € para o transmitente e 1.500 € para o adquirente.

Prazo: ata o 30/09/2018.