PRESUPOSTOS XERAIS DO ESTADO (PXE) PARA O ANO 2018 PUBLICADOS O 4 DE XULLO. PRINCIPAIS NOVIDADES
IRPF
Auméntanse os límites que exclúen da obriga de reter, pasando no caso de persoas sen cargas familiares de 12.000 euros a 12.643 euros.
DEDUCCIÓN POR MATERNIDADE
Aumentase a dedución por maternidade en 1.000 euros adicionais cando o contribuínte que teña dereito a ela satisfaga gastos de custodia en gardaría ou en centros de educación infantil por fillos menores de 3 anos ou no caso de que cumpra 3 anos no exercicio ata o mes anterior a que poida comezar o segundo ciclo de educación infantil.
O límite deste incremento na dedución terá como límite:
- As cotizacións e cotas totais a Seguridade Social .
- O importe total do gasto efectivo non subvencionado satisfeito en cada exercicio á gardaría.
Non se pode solicitar o abono anticipado deste incremento da dedución por maternidade.
DEDUCCIÓN POR FAMILIA NUMEROSA OU PERSOAS CON DISCAPACIDADE A CARGO
- Incrementase ata 600 euros anuais a dedución por ascendente, ou irmán orfo de pai e nai que forme parte dunha familia numerosa, ou por ser un ascendente separado legalmente, ou sen vínculo matrimonial con dous fillos sen dereito a percibir anualidades por alimentos, por cada fillo que forme parte da familia numerosa que exceda do número mínimo de fillos esixidos para que dita familia adquirise a condición de familia numerosa de categoría xeral ou especial.
- Inclúese un novo suposto de dedución: por o cónxuxe non separado legalmente con discapacidade, que non teña rendas excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros nin xere outra dedución por familiar con discapacidade.
OBRIGA DE DECLARAR
A partir do 2019, aumentase a obriga de declarar por o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas no caso de ter máis de un pagador de 12.000 euros a 14.000 euros.
No exercicio 2018 esta obriga será a partir dos 12.643 euros cando o imposto se devenge a partir do 4 de xullo.
BASE MÍNIMA COTIZACIÓN PARA AUTÓNOMOS
Dende o 01/07/2017, a base mínima de cotización para autónomos será de 932,70 € mensuais.
Para unha cotización básica (sen cobertura de AT e cese na actividade) a contía do recibo de autónomos do mes de xullo será de 278,80€.
INTERESE LEGAL DO DIÑEIRO E INTERESE DE DEMORA
O tipo de interese legal do diñeiro, durante a vixencia dos PXE queda establecido no 3%.
O interese de demora a efectos da normativa tributaria e de subvencións, será do 3,75%.
INDICADOR PÚBLICO DE RENDA DE EFECTOS MÚLTIPLES (IPREM).
- O IPREM diario, 17,93 €.
- O IPREM mensual, 537,84 €.
- O IPREM anual 12 pagas, 6.454,03 € (7.519,59 € 14 pagas).
PERIODO DE PATERNIDADE
Ampliase a 5 semanas o período de suspensión do contrato por paternidade nos supostos de nacemento de fillo ou adopción.