REAL DECRETO 1462/2018, POLO QUE SE FIXA O SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL PARA 2019. (BOE 312, DO 27/12/2018)

O salario mínimo para calquera actividade na agricultura, industria e servizos, queda fixado en 900 €/mes (30 €/dia), para xornada completa. O salario en cómputo anual, coas dúas gratificacións extraordinarias, ascende a 12.600 €.

O salario por xornada legal para temporeiros, cuxos servizos a unha mesma empresa non excedan de 120 días, terá un mínimo de 42,62 € e o salario mínimo dos empregados de fogar, por horas, en réxime externo, será de 7,04 €/hora por todos os conceptos retributivos.

REAL DECRETO-LEI 28/2018, PARA A REVALORIZACIÓN DAS PENSIÓNS PÚBLICAS E OUTRAS MEDIDAS URXENTES EN MATERIA SOCIAL, LABORAL E EMPREGO. (BOE 314, DO 29/12/2018)

PARTE I

MODIFICACIÓNS NO RÉXIME ESPECIAL DE TRABALLADORES AUTÓNOMOS (RETA)

COTIZACIÓN E ACCIÓN PROTECTORA

A partir do 01/01/2019, a principal novidade de é que a cotización por continxencias profesionais (accidente de traballo) e cese na actividade teñen carácter obrigatorio para todos os traballadores autónomos, a excepción dos autónomos agrarios e socios de cooperativas cun sistema alternativo autorizado pola TGSS, para os que seguirán sendo coberturas voluntarias.

A porcentaxe de cotización total por todas as continxencias, para 2019, dos traballadores do RETA ascenderá ao 30% da base de cotización elixida; é dicir, 0,10% máis que a porcentaxe de cotización total en 2018, para aqueles autónomos que non tiñan cobertura de continxencias profesionais e cese na actividade.

Amplíase a prestación por cese na actividade, que poderá acadar os 24 meses, acreditando unha cotización de 48 ou máis meses.

No 2019, con carácter xeral, a base mínima de cotización dos traballadores autónomos será de 944,40 € e a base máxima de cotización é de 4.070,10 €; a excepción do contemplado para autónomos maiores de 47 anos.

Se ben, a base mínima de cotización en 2019 para autónomos que nalgún momento do 2018 e de maneira simultánea tiveran contratados a 10 ou máis traballadores e para os autónomos societarios, será de 1.214,10 € mensuais.

COBERTURA DA INCAPACIDADE TEMPORAL OBRIGATORIA CON MUTUA

Os traballadores autónomos que inicialmente pola cobertura da incapacidade temporal coa entidade xestora da Seguridade Social, deberán, deberan no prazo de 3 meses (antes do 01/04/2019) contratar tal cobertura con unha Mutua colaboradora da Seguridade Social.

MODIFICACIÓN DA CHAMADA TARIFA PLANA DOS TRABALLADORES AUTÓNOMOS

Os traballadores autónomos que a 31 de decembro estiveran aplicando as bonificacións da popularmente chamada Tarifa Plana de cotización (50 €), deberán cotizar obrigatoriamente por continxencias profesionais (accidente de traballo), a partir do 01/01/2019; pero non por cese na actividade e por formación profesional.  Polo tanto, aqueles traballadores pasarán a pagar, ata os 12 meses dende a alta no RETA, unha cota única de 60 € por todas as continxencias.

Agora ben, os traballadores que a 31 de decembro xa tivesen a cobertura de cese na actividade manterán esta e deberán cotizar ademais por Formación Profesional.

Esténdese aos traballadores agrarios por conta propia as mesmas bonificacións que para os traballadores do RETA; é dicir, a chamada Tarifa Plana, así como as reducións e bonificacións seguintes aos 12 primeiros meses dende a alta.

Asimesmo, mantense a recentemente aprobada bonificación para traballadores autónomos que residan e desenvolvan a súa actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes, de xeito que unha vez finalizados os incentivos dos primeiros 12 meses (60€/mes) poderán beneficiarse durante outros 12 meses máis deste mesmo incentivo; co compromiso de manter a alta da actividade económica e o empadroamento no citado municipio durante catro anos seguintes á alta.

COTIZACIÓN DURANTE A SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL E POR CONTINXENCIAS PROFESIONAIS

Na situación de incapacidade temporal con dereito a prestación económica, transcorridos 60 días dende a baixa médica, corresponderá facer efectivo o pago de cotas por todas as continxencias, á Mutua colaboradora da Seguridade Social, á entidade xestora ou, no seu caso, ao Servizo Público de Emprego.

MEDIDAS LABORAIS E DE EMPREGO

Suprímense os contratos vinculados a unha taxa de desemprego superior ao 15%; é dicir o contrato de apoio aos emprendedores; o contrato de formación e aprendizaxe celebrado con traballadores menores de 30 anos (quedando limitado a traballadores maiores de 16 anos e menores de 25 anos).

Tamén se suprimen: o contrato a tempo parcial con vinculación formativa, a contratación indefinida de un xoven por microempresas ou autónomos, contratación en novos proxectos de emprendemento xoven, contrato de primeiro emprego xoven; contratos todos eles con beneficios na cotización. Asimesmo deróganse os incentivos do contrato en prácticas e a axuda económica de acompañamento dos traballadores contratados para a formación e aprendizaxe.