Asetem Centro Comercial Aberto e Grupo iGAL, consultoría especializada en impartir cursos de formación para empresas, asinaron un convenio de colaboración por unha duración de doce meses. Grazas a este convenio, os establecementos asociados que queiran contratar a formación bonificada con Grupo iGAL terán acceso a diferentes vantaxes e descontos, entre os que se atopa un aforro de ata o 50% na cota de asociado. Compre destacar que os cursos de formación en liña que realiza Grupo iGAL son de 56 horas e non teñen ningún tipo de custo para o empresario.