A Asociación de Empresarios Terra de Melide-CCA con C.I.F.:G15246093, no marco dunha serie de actuacións encamiñadas á promoción do sector empresarial e comercial e a fidelización do cliente do noso comercio, organiza a Campaña “VOLTA AO COLE2019”.
OBXECTIVO
O obxectivo desta campaña é o fomento das compras nos establecementos comerciais especializados en produtos para a volta ao colexio de Melide, premiando a fidelidade do cliente mediante a entrega de vales de compra para futuras adquisicións, fomentando así o sector comercial que cada vez ocupa un papel máis relevante na economía da Terra de Melide.
ÁMBITO TERRITORIAL
Esta campaña terá os seus efectos na comarca Terra de Melide, ámbito territorial desta Asociación.
IMPORTE DOS VALES
O importe total dos vales entregados será de 900 euros que se distribuirán do seguinte xeito:
.- 30 vales de 10 euros, destinados a familias numerosas.
.- 100 vales de 6 euros, para o resto das familias.
PARTICIPACIÓN
Poderán optar aos vales as persoas maiores de idade que fixesen compras no comercio de Melide adscrito a esta acción promocional, durante o período de duración da citada actuación, e que posúan tíckets por valor total igual ou superior a 60 euros.
Quedan excluídos do acceso aos distintos vales desconto os titulares, cónxuxe, fillos e empregados dos comercios participantes na campaña, polos tíckets das compras adquiridas no seu propio establecemento; anque poderán participar con tíckets doutros establecementos.
COMERCIANTES PARTICIPANTES
Para poder optar aos vales deberán presentarse nas instalacións de ASETEM, tíckets dos establecementos asociados a Asociación de Empresarios Terra de Melide, que comercialicen produtos para a volta ao cole dos cativos, tales como papelerías, roupa, calzado, deportes…por importe igual ou superior a 60 euros.
DURACIÓN
A campaña estará vixente dende o 1 de setembro ata o 29 de setembro de 2019, datas entre as cales os tíckets serán válidos.
Os tíckets poderanse canxear dende o 1 de setembro ata o 4 de outubro de 2019, na sede da Asociación de Empresarios Terra de Melide, sitas na Rúa Lino Sexto Sanchez, número 2, baixo, de Melide; en días laborais e horario de 9.00 a 13.00 horas.
VALES
Entregaranse vales de 10 euros a persoas que presenten libro de familia numerosa.
Ao resto de familias que cumpran os requisitos, entregaránselles vales de 6 euros por familia, presentando o DNI dun dos compoñentes da unidade familiar.
En calquera caso, cada familia so poderá acceder a un vale desconto, sexa do importe que sexa.
MECÁNICA DOS VALES
Cada vale desconto será canxeable nun só establecemento asociado e por compras iguais ou superiores ao importe do vale. Os vales só serán canxeables ata o 31 de outubro de 2019.
A Asociación aboará ao comerciante o importe íntegro dos vales que fosen canxeados no seu establecemento, previa presentación do mesmo e tendo como prazo para o cobro os 15 días seguintes á caducidade do vale, é dicir, ata o 15 de novembro de 2019.
FESTA VOLTA AO COLE
Como peche desta campaña realizarase unha festa infantil no Parque Rosalía de Castro, o 27 de setembro, de 17.00 a 20.00 horas.
Para poder acceder a esta festa haberá que presentar tíckets por valor de 10 euros en calquera establecemento asociado a ASETEM, de todo o mes de setembro.
PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos subministrados polos participantes serán tratados confidencialmente e recompilados nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, sendo a Asociación de Empresarios Terra de Melide-CCA titular e responsable de dito ficheiro, con domicilio social en C/ Lino Sexto Sánchez, número 2 Baixo de Melide, cuxa finalidade será a xestión do presente sorteo.
A Asociación garante o cumprimento íntegro de la Lei Orgánica15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal no tratamento dos datos persoais recollidos no presente sorteo, en especial polo que se refire á atención do exercicio dos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación dos datos persoais dos participantes na campaña.
CESIÓN DOS DEREITOS DE IMAXE
Os participantes na campaña, tanto na recollida dosvales como no acceso a festa aceptan expresamente que a súa imaxe poida ser captada por medios de fotografía e vídeo, na citada campaña e ceden á Asociación os dereitos de explotación incluíndo os dereitos de uso, difusión, distribución, exhibición, comunicación pública, divulgación e reprodución da mesma, así como o dereito de transformación na medida necesaria para publicalos en calquera soporte (electrónico ou escrito) e por calquera medio (prensa, redes sociais, páxina web). Dita cesión realizase de forma non exclusiva, sen limitación xeográfica nin temporal e con carácter gratuíto a Asociación. A cesión dos dereitos da imaxe a que se refire este apartado realizada de forma gratuíta e sen limitación xeográfica e temporal, é condición de participación nacampaña.
OUTROS
A Asociación de Empresarios Terra de Melide, como organizador desta actuación promocional e de fidelización, non se fai responsable dos posibles danos que dita campaña puidera ocasionar a terceiros.
A Asociación reservase o dereito de modificación ou rectificación das presentes bases sempre que existise causa xustificada, comprometéndose a comunicar coa suficiente antelación as novas bases ou condicións.
A participación na campaña supón a aceptación destas bases que estarán a disposición dos participantes na Asociación de Empresarios da Terra de Melide, así como na páxina web da Asociación.