A Asociación de Empresarios Terra de Melide acollerá un curso de Aplicador de produtos fitosanitarios organizado pola empresa acreditada por Medio Rural, CVV Inforaid S.L. Terá unha duración de 25 horas, en modalidade presencial, e desenvolverase ao longo do mes de xaneiro do ano que vén no salón de actos de Asetem.
As prazas están limitadas a un máximo de 30 persoas e a un mínimo de 20 alumnos para poder levar a cabo a formación. Realizarase así mesmo unha proba de avaliación ao remate da formación. A superación do curso permitirá a obtención do carné de Aplicador de Fitosanitarios emitido por Medio Rural.
O prezo do curso é de 70 euros por persoa, taxas incluídas.
Para poder inscribirse, as persoas interesadas poderán facelo a través do número de teléfono da asociación de empresarios (981 506 188), ou ben achegándose ata as oficinas de Asetem (R/Lino Sexto Sánchez, 1 – Baixo) dende este mesmo mes de novembro.