SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS (DOG 3, DO 07/01/2020)

Beneficiarios: Autónomos ou empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, sociedades civís ou comunidades de bens.

Programas de axuda:

.-  PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE, DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE PERSOAS MENORES DE 30 ANOS DESEMPREGADAS, para contratacións temporais de duración mínima de 12 meses ou contratacións indefinidas, ambas a tempo completo.

.- PROGRAMA EMPREGA MULLER, PARA A CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS, para contratacións temporais de duración mínima de 12 meses, contratacións indefinidas, transformación de contratos temporais en indefinidos ou incrementos de xornada a tempo completo.

.- PROGRAMA EMPREGA DISCAPACIDADE E EXCLUSIÓN DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN,  FORMACIÓN E EMPREGO CON APOIO, para contratacións indefinidas iniciais, contratacións temporais con unha duración inicial mínima de 3 meses e as transformacións en indefinidos de contratos temporais.

.- PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DE PERSOAS DESEMPREGADAS DE LONGA DURACIÓN, para contratacións indefinidas iniciais e as temporais con unha duración inicial mínima de 12 meses, ambas a tempo completo.

Obrigas, entre outras:

.-  Para contratacións indefinidas iniciais, transformacións a indefinido ou incrementos de xornada: Manter no cadro de persoal aos traballadores indefinidos contratados por un período mínimo de 2 anos e manter o número de traballadores fixos por un período mínimo de 2 anos.

.- Para contratacións temporais: Manter no cadro de persoal á persoa contratada durante un período mínimo de 12 meses ( ou 3 meses no Programa Emprega Discapacidade e Exclusión).

Prazo de solicitude:

.- Para as contratacións realizadas entre o 01/10/2019 e o 07/01/2020, ata o 09/03/2020.

.- Para as contratacións realizadas dende o 08/01/2020, ata o último día do segundo mes seguinte á contratación, e como máximo ata o 30/09/2020.

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (DOG 22, DO 03/02/2020)

Beneficiarios: Persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, que causen alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), como persoa física ou como membro de sociedade civil ou comunidade de bens, e iniciasen a actividade entre o 01/10/2019 e o 30/09/2020.

Contía: Entre 2.000 e 9.000 euros, segundo o colectivo.

Obrigas: manter a alta no RETA un mínimo de 2 anos.

Prazo de solicitude: ata o 30 de setembro de 2020.

AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS (DOG 22, DO 03/02/2020)

Beneficiarios: Autónomos, pola primeira contratación indefinida durante o seu primeiro ano de actividade; así como pola segunda e terceira contratación indefinida nos tres primeiros anos de actividade. En todo caso deberase contratar a persoas desempregadas.

BONO CONTRATACIÓN. Contía:

.- Primeira contratación indefinida: entre 4.000 e 14.625 euros, segundo o colectivo de pertenza do traballador contratado.

.- Segunda e terceira persoa indefinida: entre 6.500 e 20.250 euros, segundo o colectivo ao que pertenza o traballador contratado.

Obrigas, entre outras: manter á persoa contratada no cadro de persoal por un mínimo de 2 anos.

Prazo de solicitude:

.- Para contratacións realizadas entre o 01/10/2019 e o  03/02/2020, ata o 03/04/2020.

.- Para contratacións realizadas dende o 04/02/2020, ata o último día do segundo mes seguinte á data de contratación, como máximo o 30/09/2020.

BONO FORMACIÓN.

Contía: 4.000 euros por cada traballador subvencionado co bono contratación.

PROGRAMA DE FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO PARA AS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN (DOG 22, DO 03/02/2020)

Entidades beneficiarias:

Sociedades mercantís, sociedades civís, comunidades de bens, cooperativas e sociedades laborais, de carácter privado, de nova creación (alta IAE dende o 01/08/2019), promovidas por un máximo de 5 persoas (que entre os socios non figure ningunha persoa xurídica), cun capital social máximo de 120.202 €, e que, como mínimo, o 50% do capital social sexa de titularidade de persoas desempregadas, que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

Tamén poderán ser beneficiarias as empresas privadas que obtivesen a cualificación como Iniciativa Local de Emprego (ILE).

Tipos de axuda:

1.- SUBVENCIÓN Á XERACIÓN DE EMPREGO ESTABLE.

Contía: Entre 2.000 e 9.000 euros por cada posto estable a tempo completo creado para desempregados, incluído o das persoas promotoras, ata un máximo de 10; creados entre o 01/08/2019 e o 31/07/2020.

2.- SUBVENCIÓN PARA FORMACIÓN.

Ata o 75% do custe da formación recibida (IVE excluído), co límite de 3.000 €.

3.- SUBVENCIÓN PARA O INICIO DE ACTIVIDADE

Honorarios de notaría e rexistrador, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións, realizados desde un mes antes ao inicio da actividade empresarial e durante o período subvencionable.

Contías: Entre 2.000 e 9.000 euros por cada posto estable a tempo completo, segundo o colectivo.

4.- SUBVENCIÓN PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, LABORAL E FAMILIAR DA PERSOAS PROMOTORAS.

Contía: 75% do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, das persoas promotoras titulares de familias monoparentais ou nas cales ambos cónxuxes traballen, realizados entre os 3 meses anteriores ao inicio e o fin do período subvencionable.

Prazo de solicitude: Ata o 31/07/2020

PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS (DOG 22, DO 03/02/2020)

Beneficiarios:

1.- As persoas autónomas, con unha antigüidade de alta no RETA ou mutualidade de máis de 42 meses; que teñan un rendemento neto reducido de actividades económicas inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima de 12.000 euros anuais (IVE incluído), no exercicio 2018.

2.- Sociedades e comunidades de bens, con un autónomo societario cunha antigüidade na actividade empresarial superior a 42 meses; que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 € (IVE incluído); e con unha base impoñible no imposto de sociedades de 2018 inferior a 30.000 euros (ou rendemento neto reducido dos rendementos das actividades económicas do IRPF inferior a 30.000 euros, no caso de tributación en réxime de atribución de rendas).

Gastos ou investimentos subvencionables (realizados entre o 04/02/2020 e a data límite de xustificación que figure na resolución da axuda, cando supoñan unha mellora da competitividade):

  1. SERVIZOS: Investigación de mercado; plan de marketing; plan de comunicación de negocio; plan estratéxico de negocio; plan de crecemento; plan de reorientación de negocio; plan de uso de novas tecnoloxías no negocio; plan de refinanciamento.
  2. INVESTIMENTOS: Compra de maquinaria, útiles e ferramentas; reforma do local do negocio, equipamentos informáticos; rótulos; aplicacións informáticas e páxinas web; creación do logotipo do negocio; e mobiliario.

Contía: 80%, co límite máximo de 3.000 €.

Obrigas, entre outras: permanecer de alta no RETA un período mínimo de 2 anos dende a solicitude da axuda.

Prazo de solicitude: Ata o 03/03/2020.

PROGRAMA DO BONO RENOVA NEGOCIOS DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS (DOG 22, DO 03/02/2020)

Dirixido á remuda xeracional ordenada dos negocios das persoas traballadoras autónomas producidas entre o 01/01/2020 e o 30/09/2020.

Beneficiarios:

.- Persoas transmitentes do negocio, que cesen por ter 60 anos ou máis, por declaración de incapacidade total, absoluta ou grande invalidez, as persoas heredeiras do negocio por falecemento do titular.

No caso de autónomos societarios, a transmisión das accións ou participacións deben supoñer o control da actividade por parte do adquirinte, é dicir, posuír máis do 50% do capital social.

.- A persoa adquirente do negocio, que cause alta no Réxime de Autónomos tras a súa adquisición.

Contías:

.- Transmitente: 5.000 euros, ou proporción segundo a súa participación no negocio.

.- Adquirinte:

  1. Bono asesoramento. 100% dos gastos de asesoramento, co límite de 3.000 euros.
  2. Bono formación. Ata 6.000 euros.
  3. Bono inicio de actividade: 5.000 euros por negocio e terá un incremento de 3.000 euros por traballador por conta allea que manteña de alta na empresa no momento do traspaso e por un mínimo de 2 anos, co máximo de 5 traballadores.

Asimesmo, o adquirinte, comprométese a manter o negocio durante un mínimo de 2 anos.

Prazo de solicitude: ata o 30/09/2020.

PROGRAMA BONO NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS AUTÓNOMAS (DOG 22, DO 03/02/2020)

Beneficiarios: Persoas que causen alta como Autónomos (RETA) entre e 01/01/2020 e o 30/09/2020 e cesaran con anterioridade na súa actividade económica por causas económicas, cando cumpran os seguintes requisitos:

.- Que o cese se producira con 6 meses de antelación como mínimo.

.- Que teña cotizado, por conta propia, 18 meses ininterrompidos nos últimos 5 anos, ou ben 36 meses alternos, nos últimos 10 anos.

.- Que estea inscrito como demandante de emprego durante os 6 meses seguidos e estar en tal situación no momento de inicio da actividade.

.- Realizar unha formación mínima de 60 horas.

Prazo: ata o 03/04/2020.