Foi unha experiencia piloto motivada polas circunstancias sanitarias que vivimos, pero o experimento saíu ben. Así podería resumirse o balance dos primeiros Días Brancos do comercio melidense celebrados do 17 ao 19 de xuño. Se ben é certo que “non se produciron as aglomeracións que espertaba a Noite Aberta, si houbo bastante movemento nos diferentes establecementos”, explicou Pilar López, xerente de Asetem-CCA. Como anécdota destacar que se recibiron centos de correos para participar nos diferentes sorteos organizados dende a asociación.
Entradas recientes
- A Xunta destina máis de 42 millóns de euros a novos apoios para persoas autónomas
- Asetem lanza a campaña “O amor está no comercio local” para promover as compras do 1 ao 12 de febreiro
- Bases campaña «O amor está no comercio local»
- Números premiados no sorteo «Este Nadal toca en Melide»
- Cerne 239 – Xaneiro 2026





