CAMPAÑA “SAN VALENTÍN 2021”

BASES DA CAMPAÑA

  1. Entidade organizadora: ASETEM-CCA
  2. Participantes: poden participar todas as persoas maiores de 18 anos cunha coa súa conta vinculada, aberta e pública, e aceptan ceder os dereitos de difusión, modificación e publicación destas imaxes. Iso si, os participantes poden colgar fotografías de persoas de calquera idade. Todas as publicacións deben contar o cancelo #NamorateEnMelide.
  3. Duración e dinámica da actividade: durante os días 5 e 14 de febreiro ata as 23:59 horas os participantes poden enviar unha foto de como celebran o San Valentín, é dicir, de como festexan o amor. Logo o 16 de febreiro revisaranse todas as imaxes que foran subidas nas datas marcadas e co cancelo #NamorateEnMelide para revisar cal é a que ten máis “gústame” nas redes sociais e así, converterse na gañadora ou gañador dunha cea para dúas persoas, valorada en 100 euros, nun dos establecementos hostaleiros asociados a ASETEM que son: Bodega Curros, Casa Alongos, Hotel Carlos 96, Jacarandá, Parrillada o Carburo, Parrillada Rúa, Pazo de Eidian, Pulpería Ezequiel e O Tobo do Lobo.
  4. Premios: unha cea para dous valorada en 100 euros para gastar na hostalería asoaciada a ASETEM para o gañador ou gañadora de Facebook e outra para a de Instagram.O gañador ou gañadora anunciarase a través das redes sociais de ASETEM-CCA.
  5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.