Unha vez máis volven vertidos altamente contaminantes volven para ao río Furelos na zona onde desembocan as tubaxes do polígono industrial da Madanela. Estes feitos tiven lugar o pasado 9 de febreiro e foi un socio da Asociación de Troiteiros ‘Río Furelos’ o que daba a voz de alarma.
Desta volta, dende a asociación apuntan a que “a enxurrada parecería ser de derivados do petróleo, maiormente gasóleo, pola cor e o cheiro que desprendía”. Ao día seguinte dos feitos, os troiteiros denunciaron o acontecido perante as autoridades e institucións correspondentes. Ademais, no comunicado que enviaron os troiteiros acusan ao Concello melidense de “inacción ou incompetencia” sobre o río Furelos. Tamén sinalan que dende a asociación “vimos pedindo solucións desde hai anos ao problema”.