Durante o día de San Xosé membros da Asociación de Troiteiros Río Furelos aproveitaron para deixar todo preparado para a nova tempada de pesca fluvial, que comezaba o pasado domingo 21 de marzo.
Os troiteiros do Río Furelos colocaron carteis do coto de pesca e puxéronos de maneira visible en todos os puntos nos que están postos, como punto de información para os pescadores que se acheguen ata o río melidense a desfrutar dunha xornada de pesca.
O presidente da asociación, Xavier Pazo, afirma que “a maior satisfacción é que os nosos maiores poidan pescar tranquilamente” durante a tempada no Río Furelos. Ademais, débese recordar a importancia de manter o Furelos limpo e isto é tarefa de todos e todas.