O Concello de Sobrado organiza durante os días, 1, 2, 3 e 4 de abril, unha busca do ovo de Pascua.
Esta actividade dirixíase á veciñanza do municipio de entre 3 e 16 anos, no caso dos máis cativos e cativas acompañadas das súas familias. Durante catro xornadas, dende o Facebook oficial da administración local iranse deixando pequenas pistas para atopar o lugar onde o coello de Pascua agochou os ovos de chocolate.
Os gañadores e gañadoras da iniciativa serán os que primeiro consigan localizar o sitio no que se esconderon os ovos. Para demostrar que foron os máis rápidos en descubrilo teñen que enviar unha fotografía por WhatsApp a un número de teléfono habilitado polo Concello.
Os premios son un ovo de Pascua para os vencedores de cada día.