Este sábado, 10 de abril, celébrase no río Furelos o XIV campionato de pesca con cebo artificial. Unha competición organizada pola Asociación de Troiteiros Río Furelos, na que se inclúe o xantar para pasar unha xornada entre amantes desta práctica deportiva.
Esta é unha das diversas actividades programadas no calendario da asociación de troiteiros melidense, que o ano pasado por mor da pandemia tivo que cancelarse.